Prototipos Ferrol
Alumnos da Escola Politécnica de Ferrol mostran os seus prototipos.

Carreira de obstáculos para enxeños motorizados 

Tres segundos e doce décimas. Ese foi o tempo que tardou o prototipo de Manuel Carro e Alejandro Conde en percorrer 3,20 metros cruzar a meta no chan da planta baixa da Escola Politécnica de Ferrol, no barrio de Esteiro. Estes dous rapaces de 21 e 23 anos, alumnos do terceiro curso de Enxenería Mecánica da Universidade da Coruña, son os novos campións da carreira de prototipos do curso 2014/2015. Unha competición que este xoves chegou a súa 19 edición e que vai camiño do mito entre os estudantes do campus ferrolá, que se amontoaron nas escadas do recibidor entre berros e aplausos para ver a final como se dun Gran Prix de Fórmula 1 se tratara.

Os estudantes encheron a escola para presenciar un circuito que vai pola súa edición número 19

O premio é ben sinxelo: tres puntos na nota final de Tecnoloxía de Máquinas, a materia que imparte Javier Cuadrado, o docente que está detrás desta proba que se prantexou por primeira vez no curso do 95/96 e que foi gañando adeptos ate os 18 alumnos, en nove parellas, que se presentaron esta semán cos seus enxeños mecánicos no punto da saída.

Prototipo gañador.
Alex Conde e Manuel Carro, co prototipo gañador.

“Trátase de que os rapaces pasen da teoría a acción”, explica Cuadrado. Para construír o enxeño motorizado vale case que todo, desde pezas de xoguetes até un corcho. O de Manuel e Alejandro era unha construción de aluminio e tres grandes rodas, que podía circular coa dianteira o coas dúas traseiras en función do peso e da posición. Todo estaba pensado para salvar o obstáculo que co toparon a metade de camiño, un listón de madeira que tiñan que salvar para chegar a meta sen descompoñer o artello.

Con todo, a carreira de hoxe estivo ben disputada e mesmo houbo que chegar o desempate que se decantou do lado de Carro e Conde por cuestión de décimas fronte a parella que formaban outros dous rapaces, Francisco Fernández e David Casal, nunha carreira que aínda está maioritariamente masculinizada.

Na Escola Politécnica de Ferrol, adscrita a UDC, impártense os graos de Enxeñería Naval e Oceánica, Mecánica e Tecnoloxías Industriais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.