Carracedo reclama no Parlamento galego máis investimentos en xenética

Carracedo, durante a súa intervención. Fonte: Parlamento de Galicia.
Carracedo, durante a súa intervención. Fonte: Parlamento de Galicia.

Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e experto de relevancia internacional, participou este luns no Parlamento de Galicia nunha comisión especial sobre o seguimento de políticas relativas á discapacidade. Alí, o científico alertou da necesidade de aumentar os investimentos en xenética para mellorar o tratamento e o diagnóstico deste tipo de doenzas, segundo recolleu Europa Press.

Carracedo sinalou que arredor do 70% das discapacidades intelectuais teñen orixe xenética. Destas, un 35% poden ser diagnosticadas; é dicir, é posible coñecer as causas polas que se producen. “A xenética é a base da medicina, e a sociedade non é consciente da importancia que ten á hora de diagnosticar este tipo de doenzas”, dixo.

“En moitas cousas, en Galicia estamos moi avanzados, pero noutras non”, dixo

O investigador xalleiro tamén sinalou na súa intervención que España é “o único país da Unión Europea sen especialidade en xenética clínica”. E engadiu: “En moitas cousas, en España, e concretamente en Galicia, estamos moi avanzados, pero noutras non”.

Do mesmo modo, destacou o escaso investimento en I+D e reclamou un aumento desta partida nos orzamentos. “Actualmente, España inviste un 1,3% do PIB en investigación. A nosa meta é que para o 2020 o investimento sexa do 2%“.

Sobre a situación da atención á discapacidade en Galicia, Carracedo remarcou a necesidade da educación e integración, sobre todo no caso dos compañeiros e amigos das crianzas con discapacidade. Propuxo, do mesmo xeito, que os mozos e mozas visiten centros de discapacitados para concienciarse coa situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.