Carlos A. Salgado, director do IGFAE da USC.

Carlos Salgado, no grupo que definirá os futuros aceleradores do CERN

O físico galego, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, ingresa no EFCA, o maior organismo asesor europeo na materia

O director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Carlos A. Salgado, vén de ser nomeado membro do Plenary European Committee for Future Accelerators (Plenary ECFA), un comité cuxo obxectivo é asesorar á Dirección do CERN, ao Consello do CERN e os seus Comités, ademais doutras organizacións nacionais ou internacionais, na planificación de instalacións europeas de física de partículas e o desenvolvemento dun programa de investigación adecuado ás necesidades da comunidade científica en Europa. Desde 1966 promove a coordinación internacional e o equilibro de instalacións, recursos e roles entre os laboratorios e institutos universitarios dedicados á física de altas enerxías.

Propostos polos seus países de orixe e nomeados polo EFCA, os membros do
plenario deciden sobre todas as actividades do comité e a admisión de novos países
e observadores, ademais de representar os intereses da comunidade de física de alta
enerxía do seu país durante os seis anos que ocupan o cargo, entre outras funcións.
Na última reunión do EFCA, celebrada o 13 de xullo, discutiuse como implementar a
recentemente aprobada Estratexia Europea de Física de Partículas que guía o futuro
desta disciplina en Europa dentro do panorama mundial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.