Venres 29 Marzo 2024

Captan un asteroide coa súa lúa a 4,3 millóns de km da Terra

Un equipo de astrónomos localizou desde o observatorio de Arecibo, en Puerto Rico, o sistema binario 2020BX12 na súa aproximación ao planeta

Un equipo de astrónomos do Radar Planetario do Observatorio de Arecibo, en Puerto Rico, captaron a semana pasada un sorprendente feito a uns 4,3 millóns de quilómetros da Terra. O asteroide 2020 BX12, de entre 200 e 450 metros de diámetro, ao que estaban observando pola súa relativa proximidade ao noso planeta, viña acompañado dun satélite de apenas 70 metros de ancho e viaxando a 90.000 km/h. Confirmaron así que se trataba dun sistema binario, segundo as observacións realizadas entre o 4 e o 5 de febreiro.

“A análise preliminar suxire que o asteroide principal xira arredor dunha vez cada 2,8 horas”, apuntaron os astrónomos nun comunicado. Do mesmo xeito, salientaron que “o satélite ten un diámetro de aproximadamente 70 metros e xira unha vez cada 49 horas”. A distancia entre os dous corpos é duns 360 metros.

Publicidade

Este fenómeno, segundo apuntan os expertos, é relativamente habitual, pero o difícil é poder observar e capturalo debido á dificultade de detectar os asteroides nalgunhas ocasións. Descoñécese a razón pola cal os asteroides teñen ás veces lúas arredor deles. As ideas apuntan cara a unha orixe conxunta, como nas estrelas binarias, ou produto de colisións e interaccións posteriores con outros corpos.

O 2020 BX12 forma parte do grupo Apolo de asteroides próximos á Terra que se moven entre as órbitas de Marte e o noso planeta. Pasará preto do planeta vermello en xuño deste ano, e volverá preto da Terra en 2022 e 2024, aínda que a unha distancia maior cá destes días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos