Venres 29 Marzo 2024

O cultivo de cana de azucre en Guatemala mellórase desde Lugo

O investigador centroamericano Adlai Ademir Meneses Ojeda presenta na Escola Politécnica do Campus Terra a súa tese de doutoramento

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC avalía a cuantificación e o impacto económico que depara a transferencia de coñecementos e de tecnoloxía propiciada polo Centro Guatemalteco de Investigación e Capacitación da Cana de Azucre (Cengicaña) desde a súa posta en marcha polos produtores locais en 1992 ata a actualidade.

A análise da rendibilidade dos investimentos propiciados para a xeración, validación e transferencia de tecnoloxía por Cengicaña, que é o principal centro de investigación sobre cana de azucre de Guatemala, centra a temática da tese de doutoramento que vén de presentar na EPS de Enxeñaría da USC o investigador centroamericano Adlai Ademir Meneses Ojeda baixo o título ‘Rendibilidade expost da investigación agrícola na produción de cana de azucre baixo condicións de cultivo de Guatemala (caso Cengicaña 1992-2017)’.

Publicidade

Esta investigación realizada no marco do programa de doutoramento Ciencias Agrícolas e Medioambientais e que constitúe xa a cuarta tese presentada na USC sobre o maior centro de investigación da cana de azucre en Centroamérica, está dirixida pola profesora do Departamento de Economía Aplicada na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo María do Mar Pérez Fra, e os enxeñeiros agrónomos e profesores na Universidade San Carlos de Guatemala Ariel Ortiz López e Mario Melgar Morales.

Adlai Ademir Meneses Ojeda analizou polo miúdo no marco da súa tese de doutoramento, as tecnoloxías desenvolvidas experimentalmente en variedades, manexo integrado de pragas, abonado, selección xenética e madurantes. O investigador guatemalteco estableceu para cada unha delas indicadores de rendemento en produción, taxas de adopción e a súa relación financeira.

Deste xeito, a investigación de doutoramento desenvolvida por Meneses Ojeda na USC permite cuantificar o impacto dos investimentos en investigación e innovación realizados polo centro guatemalteco de investigación en cana de azucre (Cengicaña) a partir de elementos básicos que posibilitan determinar tanto o seu uso comercial como o seu impacto económico.

A profesora do Departamento de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo Ana Gueimonde Canto presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Adlai Ademir Meneses Ojeda. A tamén profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC Ana Isabel García Arias e o investigador do Departamento de Produción Animal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo César Resch Zafra completaron a terna de membros do xurado, que acordou outorgar a máxima cualificación académica ao autor desta investigación de doutoramento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura

A Doñana de Galicia: como os regadíos na Limia secan os ríos dende hai 25 anos

A extracción de augas subterráneas para as plantacións impacta na biodiversidade da comarca, con especies en perigo de extinción

A agricultura intensiva é a causa principal do descenso de paxaros en Europa

Investigadores do CSIC participan nun estudo que revela que as poboacións de aves caeron de media un 25% nos últimos 40 anos

Os tractores, unha anécdota en Galicia ata os anos 60

Bruno Esperante, historiador e profesor da Universidade Complutense de Madrid, analiza a motorización do agro galego entre os anos 1939 ao 2000