Equipo de Camiños de Futuro.
Equipo de Camiños de Futuro.

Camiños de Futuro: obradoiros para divulgar a enxeñaría civil nos institutos de Galicia

A Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Coruña lanza un proxecto para achegar a disciplina a estudantes de Secundaria e Bacharelato

Cada vez é máis patente no profesorado a importancia de divulgar a cultura científica e as disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre os seus alumnos. A celebración de actividades destinadas a coñecer de preto estas materias, como os obradoiros, pode achegar a rapazas e rapaces a descubrir a paixón por estes temas. Neste marco, a Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña lanzan o proxecto Camiños de Futuro, unha iniciativa que busca “divulgar a Enxeñaría Civil, así como os principios científicos e tecnolóxicos que involucra”.

Camiños de Futuro consta de varias propostas, entre as que destacan os obradoiros presenciais para estudantes de Secundaria e Bacharelato, con contidos adaptados desde 2º da ESO a 1º de Bacharelato. En cada caso, os obradoiros axústanse aos contidos segundo o curso, materia e programación, e abranguen temas como o transporte seguro e sostible, a auga como recurso escaso e os fallos estruturais.

Un dos obradoiros impartidos polo profesorado de Enxeñaría de Camiños da UDC.
Un dos obradoiros impartidos polo profesorado de Enxeñaría de Camiños da UDC.

A actividade terá lugar no segundo trimestre do curso 2018/2019 sen ningún custo para os centros educativos. O financiamento do programa por parte da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt), permitirá a celebración de 30 obradoiros. Os centros poden contactar cos organizadores de Camiños de Futuro para formar parte do proxecto.

Obradoiros de Camiños de Futuro

Os centros poderán recibir formación en tres áreas da Enxeñaría Civil de gran importancia para a sociedade, que permiten xerar debates e análises interesante por parte dos estudantes:

Transporte seguro e sostible: Estudo do entorno de mobilidade dos estudantes e o camiño escolar, chegando a propoñer melloras usando ferramentas habituais da enxeñaría na súa contorna (peatonalizacións, plan de estacionamento, pasos de peóns, etc).

– A auga como recurso escaso: Concienciación do consumo de auga e medidas para o seu aforro. Principios básicos da hidráulica. Realizarán un inventario dos consumos da súa actividade cotiá e reflexión sobre o funcionamento do  subministro de auga.

Fallos estruturais: A resistencia dos materias. Como estudar e seleccionar os materiais para una construción segura e eficiente. Durante a presentación na aula descubriremos e fabricaremos formigón, un material usado para todo e ao mesmo tempo un gran descoñecido, xa que non se é consciente da enxeñaría que ten detrás.

Cada un deles constará de varias fases:

A Fundación de Enxeñaría Civil de Galicia realiza continuas actividades de divulgación do seu traballo.
A Fundación de Enxeñaría Civil de Galicia realiza continuas actividades de divulgación do seu traballo.

1- Presentación con experimentos. o equipo de Camiños de Futuro desprazarase ao instituto para realizar unha introdución á temática do taller, que se acompañará de experimentos que os alumnos realizarán durante o mesmo. Faríase no horario habitual da materia e cunha duración aproximada de 2 horas.

2- Realización do proxecto por parte dos estudantes. Será un proxecto onde os alumnos analicen o seu entorno con visión crítica e coas ferramentas da enxeñaría. En acordo co profesor de tecnoloxía definiranse os sub-obxectivos para esta fase. A duración de cada proxecto será aproximadamente de 4-8 horas de clase. Para dar apoio a esta parte, os alumnos contarán coa axuda de técnicos especialistas da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Isto articularíase a través de unha ou dúas videochamadas para comentar os avances.

3- A conclusión desta actividade incluirá unha visita guiada ao CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil), un dos centros de investigación en Enxeñaría Civil máis avanzados de Europa.

Máis información:

O profesorado e centros interesados poden contactar co equipo de Camiños de Futuro a través do enderezo caminosfuturo@gmail.com, e a conta de Twitter de @caminosfuturo.

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.