Cambio de hora: 1,2 millóns de aforro e 7 días de trastornos

Factores que afectan ós ciclos circadianos.
Factores que afectan ós ciclos circadianos.

O cambio ó horario de verán, co adianto dunha hora nos reloxos, permitirá a Galicia un aforro de 1,2 millóns de euros en enerxía. Non semella unha gran cifra. Serían 40 céntimos por galego en medio ano. E unha cantidade ínfima comparada, por exemplo, con apagar os electrodomésticos e non deixalos en “stand by”. Segundo o Índice Doméstico de Eficiencia Enerxética elaborado por Unión Fenosa, desconectando o piloto vermello se aforraría o 9,4% da enerxía dos fogares. E, nun só ano, poderían aforrarse 939 millones de euros.

Pola contra, o cambio de horario que supón o paso do inverno á primavera cun maior número de horas de luz solar pode xerar nalgúns sectores da poboación cansazo, malestar xeral, somnolencia e mesmo alteracións no estado de ánimo.

Expertos do servizo de Neurofisioloxía do Hospital Universitario da Candelaria, do Goberno de Canarias, punteiro nestes estudos, recordan á axencia Sinc que estas pequenas alteracións se superan nun curto espazo de tempo de entre 3 e 7 días e só se estas persisten é recomendable acudir ao médico por se estes síntomas se debesen a outra causa.

Trátase dalgúns dos efectos normais que se rexistran no organismo posto que as funcións dos órganos máis importantes do ser humano dependen da fabricación e secreción de hormonas vinculadas directamente cos ciclos de vixilia e sono –cortisol e melatonina-, neste caso, alteradas polo cambio de horario de primavera que obrigou a adiantar os reloxos unha hora.

Neste proceso prodúcese unha desincronización dos ritmos internos cos ambientais. O comezo da secreción de melatonina prodúcese ao caer a tarde, aproximadamente ás 19:00 horas e a súa máxima produción rexístrase entre as 02.00 e as 06.00 da mañá. Ao espertar coa luz do día, o nivel de cortisol xa está en alza para activar o ser humano.

Hai estudos científicos que valoran a súa influencia nos infartos de miocardio e nos accidentes laborais e viais, pero vos resultados son pouco concluíntes. Os investigadores do Instituto Nacional de Saúde eBenestar de Finlandia, un dos principais do mundo neste eido, recoñéceno: “Sábese pouco sobre a influencia do cambio horario nos ciclos vixilia-sono“. A meirande parte dos científicos está de acordo en que a nova hora só provoca pequenas molestias no organismo, como mal humor, sono e cansazo.

1 comentario

  1. Hai que ter coidado coas valoracións sobre o cambio de hora. Sen ir máis lonxe, non se debería esquecer que a duración do día varía da orde de SEIS HORAS E MEDIA en seis meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.