Simulación dunha imaxe do buraco negro supermasivo Saxitario A* tomada polo Event Horizon Telescope. Fonte: Science News.
Simulación dunha imaxe do buraco negro supermasivo Saxitario A* tomada polo Event Horizon Telescope. Fonte: Science News.

Anuncio inminente sobre o gran buraco negro do centro da Vía Láctea

A colaboración do Observatorio Europeo Austral (ESO) dará o 10 de abril un anuncio "sen precedentes" nas observacións do Event Horizon Telescope

No centro da Vía Láctea está Saxitario A*, o buraco negro supermasivo máis próximo á Terra (a uns 26.000 anos luz de nós) ao que os científicos levan anos prestando especial atención mediante o Event Horizon Telescope (EHT). Esta é unha rede de telescopios espallados polo mundo que se sincronizan para unir forzas e observar o entorno máis próximo a Saxitario A*.

Os buracos negros son invisibles porque absorben toda a radiación electromagnética, o que significa que ningún dos grandes telescopios (sexan no espectro visible, por raios X, infravermellos ou gamma, entre outros) pode detectalo. Non en tanto, os avances dos últimos anos fixeron posible achegarse cada vez máis ao entorno destas rexións do universo, que agochan algúns dos misterios sen resolver da Astrofísica. Este lugar ‘límite’ alén do cal xa non se pode ver nada máis, porque a gravidade atrapa incluso á luz, recibe o nome de “horizonte de sucesos“.

E neste contexto, o Observatorio Europeo Austral (ESO, polas súas siglas en inglés) anunciou a data na que revelará un anuncio “innovador” e “sen precedentes” sobre este tema: todo apunta a que o vindeiro mércores 10 de abril, nunha conferencia de prensa, anunciarase que, por primeira vez, conseguiuse obter a imaxe desta zona a carón dos inaccesibles buracos negros.

Segundo informa o proxecto ESO, a rede EHT conseguiu en abril de 2017 obter os primeiros datos da observación do horizonte de sucesos. E despois de dous anos de análise e interpretación dos datos, o equipo xa prepara a publicación das primeiras imaxes.

Observar estes lugares é moi complicado: a curvatura do espacio-tempo arredor dun buraco negro é complicada de ‘traducir‘, e no caso de Saxitario A*, está envolto nunha espesa nube de po e gas.

Pero parece que o momento chegou: ás 15 horas do vindeiro 10 de abril, a Comisión Europea, o Consello Europeo de Investigación e o proxecto EHT ofrecerán unha rolda de prensa conxunta para amosar os achados. O anuncio poderá seguirse en directo a través da web do ESOo ERC, e as redes sociais destas entidades.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.