Tania Palmeiro, no centro, cos directores da tese e o tribunal. Foto: USC.
Tania Palmeiro, no centro, cos directores da tese e o tribunal. Foto: USC.

Unha tese propón obter bioplásticos das augas residuais do sector da conserva

A investigadora Tania Palmeiro Sánchez presentou recentemente na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC. Baixo o título ‘Valorización de augas residuais salgadas: un reto para a obtención de bioprodutos’, aborda a produción de bioplásticos a partir de augas residuais procedentes do sector da conserva de pescado.

A tese, dirixida polos profesores José Luis Campos Gómez, da universidade chilena Adolfo Ibáñez, e Anuska Mosquera Corral, do Departamento de Enxeñaría Química da USC, avanza na transformación dos compostos orgánicos contaminantes das augas residuais, aplicando procesos biotecnolóxicos para obter compostos poliméricos con propiedades similares aos plásticos convencionais producidos a partir do petróleo. Os polímeros obtidos logo deste proceso denomínanse bioplásticos e acumúlanse de xeito natural no interior das células microbianas que normalmente son empregadas no tratamento biolóxico das augas residuais.

A proposta enmárcase nas recomendacións da economía circular, que promove a UE

Esta produción de bioplásticos constitúe un xeito de aplicar a economía circular, que, á súa vez, constitúe unha das recomendación que promove a Unión Europea na actualidade nun sector de gran relevancia en Galicia como é o conserveiro de pescado.

A tecnoloxía precisa para completar con éxito este proceso tópase na actualidade en fase de desenvolvemento na USC, no marco do proxecto Fishpol. O obxectivo desta actuación, que conta con financiamento da Unión Europea a través dos fondos Feder, e tamén con partidas económicas do Goberno de España, é o de producir por cada 100 quilogramos de composto orgánico uns 6 quilos de bioplástico.

Tribunal de tese e cualifiación

Os doutores Thelmo Lu Chao, da Universidade de Santiago de Compostela, María Eugenia Suárez Ojeda, da Universidade Adolfo Ibáñez, e Robbert Kleerebezem (TU Delft, Países Baixos), conformaron o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Tania Palmeiro, unha investigación que mereceu a máxima cualificación académica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.