A Axencia Espacial Galega lanzará o 5 de maio unha sonda desde Ordes

Alumnos do IES Maruxa Mallo lanzan a sonda espacial MarumaSat. Foto: MarumaSat.
Alumnos do IES Maruxa Mallo lanzan a sonda espacial MarumaSat. Foto: MarumaSat.

Un proxecto espacial está en marcha en tres institutos galegos. Segundo informa o xornal Praza Pública, a Nosa, a Axencia Espacial Escolar Galega, lanzará o 5 de maio desde Ordes a súa segunda sonda espacial. O ano pasado, tamén en maio, estudantes de 3º de ESO do IES Maruxa Mallo de Ordes levaron ata a estratosfera o MarumaSat. A sonda, propulsada por un globo de helio, tocou de novo terra no municipio da Estrada tras elevarse ata os 22 quilómetros de altura. Con esta cápsula recolleron datos atmosféricos e, como homenaxe a Manuel María, a sonda levou consigo unha fotografía do poeta chairego ata os ceos galegos.

O pasado mes de xaneiro, constituíse, tamén en Ordes, a Nosa, á que se sumaron os institutos Miraflores de Oleiros e Marcos do Camballón de Vila de Cruces. Baixo o lema “Cos pés no chan e os ollos nas estrelas”, puxeron en marcha un ambicioso proxecto dividido en varias comisións (comunicación, meteoroloxía, científica, económica, de deseño e audiovisual) que o vindeiro venres culminará co lanzamento desta segunda cápsula.

A través do blog MarumaSat, os membros da Nosa van dando conta dos seus avances na investigación. Toda unha combinación de aprendizaxe, ilusión e creatividade coa que é posible chegar ao ceo.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.