Cartel de AstroGalicia.
Cartel de AstroGalicia.

AstroGalicia acolle unha festa da astronomía para todos os públicos

Charlas adaptadas a todo tipo de públicos, obradoiros de fotografía, construción e lanzamento de foguetes, radio-astronomía, observacións do ceo… AstroGalicia, a Festa Galega das Estrelas, acollerá do 12 ao 14 de outubro decenas de actividades de divulgación relacionadas co ceo e o espazo. O evento terá lugar no Parque Náutico de Castrelo do Miño.

Aínda que haberá algunhas actividades para as que se precisa inscrición, a maior parte delas están abertas a todo o público, e serán de acceso libre e gratuíto. Segundo indican desde a organización, AstroGalicia está aberto a todos os perfís: desde a xente que queira iniciarse na astronomía ou teña simplemente curiosidade pola observación do ceo, ata astrónomos afeccionados e bos coñecedores desta ciencia.

Na organización das actividades colaboran entidades de toda Galicia, como AstroVigo, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Agrupación Astronómica Rías Baixas, Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, Clube Compostelán de Astronomía Vega, Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción), Fotosíntese Agrupación Fotográfica de Ourense e o proxecto Ceos Galegos.

Na web de AstroGalicia poden consultarse toda a información sobre inscricións, os obradoiros, as charlas e os conferenciantes.

Programa de AstroGalicia

(pendente de posibles modificacións)
Venres 12 de outubro

20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións. Instalación na zona de acampamento libre.
21:00 AstroCea: cea con temática astronómica. Un paseo cósmico ao redor de 4-5 pratos con comentarios e música en directo.
22:00 horas. Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.
22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.

Sábado 13 de outubro

10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo ou sala de conferencias. Espazo astronómico.
10:30 horas. Obradoiro exprés: traballando con datos de Gaia con Cesca Figueras.
11:30 horas. Presentación oficial de Astrogalicia con autoridades. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla 1. Sala principal. Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Observación solar con telescopio H-alfa. Actividade aberta.
14:30 horas. Xantar oficial.
16:00 horas. Obradoiros 1. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
Iniciación á astronomía con Jorge Arranz, Fotografía planetaria con Paco Bellido, Modelismo espacial con Marcos Álvarez, Fotografía nocturna e astronómica con Dani Caxete, Técnicas de vídeo documental con Iván “Esfenodón”.
17:15 horas. Obradoiros 2. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
18:30 horas. Obradoiros 3. Nas salas habilitadas. Só inscritos.
19:30 horas. Charla 2. Sala principal. Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe de telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.

Domingo 14 de outubro

10:00 horas. Obradoiros IV (de ser necesario).
Obradoiro exprés: o metano marciano con Jorge Pla García.
11:00 horas. Despegue de foguetes espaciais. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla 3. Actividade aberta.
13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de Astrogalicia. Só inscritos.
14:00 Xantar de despedida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.