Venres 19 Abril 2024

Un artigo da USC, elixido como referente para a práctica docente nos Estados Unidos

Un artigo sobre didáctica de ciencias elaborado por dúas investigadoras da USC, Marilar Aleixandre e Sabela F. Monteira, foi escollido nestas últimas datas como “relevante para a práctica docente” por dúas entidades deste eido. O texto é un traballo pioneiro sobre como o alumnado de infantil pode xerar e utilizar probas empíricas para comprobar ou revisar ideas científicas. A investigación publicouse na revista Journal of Research in Science Teaching, a publicación de máis impacto na área de didáctica das ciencias experimentais, cun índice de 3,052.

O traballo expón un proxecto de cinco meses nunha aula de terceiro curso de infantil no que os alumnos e as alumnas estudan os caracois. Examínase a participación de nenas e nenos de 5 e 6 anos na práctica científica do uso de probas para sustentar conclusións. Xunto coa experimentación, na aula tamén se traballou de maneira complementaria coa observación cun propósito, caracterizada por ter un obxectivo definido e á que as investigadoras lle ven “potencial” como fonte de probas no ensino das ciencias en educación infantil e primaria.

Publicidade

O recoñecemento ao traballo das investigadoras da USC realizouse no marco do congreso da Narst (National Association of Research in Science Teaching). Amais, o comité de profesorado de ciencias da entidade NSTA (National Science Teachers Association) tamén participou na selección.

A revista na que se publicou o artigo inclúe resumos dos traballos na lingua propia dos autores, polo que o artigo de Aleixandre e Monteira foi o primeiro que incluíu un resumo executivo en galego nesta prestixiosa revista.

Actualmente, Sabela F. Monteira está realizando a súa tese de doutoramento, dirixida pola propia Aleixandrea, sobre as prácticas científicas na Educación Infantil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'