Arranca o Galicia Innovation Days, que xa conta con 500 participantes

O evento, organizado por Feuga e a Xunta, celebrarase entre o 25 e o 29 outubro e participarán varios relatores da Comisión Europea

O Galicia Innovation Days abordará as posibilidades de financiamento europeo para proxectos de innovación. Foto: Feuga
O Galicia Innovation Days abordará as posibilidades de financiamento europeo para proxectos de innovación. Foto: Feuga

Tan só unhas horas. Iso é o que falta para que arranque a primeira edición dos Galicia Innovation Days, un evento organizado pola Fundación Universidade-Empresa (Feuga) e a Xunta de Galicia que ten como obxectivo informar das oportunidades que se abren coas novas convocatorias de Horizonte Europa. Un programa de financiamento europeo de I+D+i que conta cun orzamento de 95.000 millóns de euros para o período 2021-2027.

“Galicia Innovation Days é un punto de encontro, unha oportunidade para mostrar as capacidades que existen en Galicia ante a convocatoria de Horizonte Europa, que é o principal instrumento de financiamento da I+D e que marcará o futuro do desenvolvemento texnolóxico no continente“, declarou o directo de Feuga, Javier Pereira, que este luns 25 de outubro inaugurará o evento. Un dos principais obxectivos é o de potenciar unha das súas liñas estratéxicas: a da investigación e innovación.

Xornadas gratuítas

As xornada, que son de carácter gratuíto, celebraranse en liña entre o 25 e o 29 de outubro. A día de hoxe xa se rexistraron 500 participantes de 40 países de todo o mundo. O evento espertou o interese de investigadores, universidades, empresas e centros tecnolóxicos de catro continentes. Ademais, Galicia Innovation Days contará con expertos internacionais que abordarán os distintos clústeres do programa Horizonte Europa, para así responder aos retos de futuro aos que se enfronta a sociedade.

A primeira xornada, dedicada ás áreas de saúde e a de cultura, creatividade e sociedade inclusiva, celebrarase co relatorio de Franscisco de la Torre, representante da unidade de “Democracia e valores europeos” da dirección xeral de Desenvolvemento e Innovación da Comisión Europea. O cartel completarase con Gerd Schönwälderpolicy officer para a Transición Ecolóxica e Socia da Comisión Europea, Garbiñe Guiu Etxeberria, directora xeral de Investigación e Innovación-Transformacións Industriais da Comisión Europea, e Inge Van Oostpolicy officer e directora xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.

Abordaranse os distintos clústeres do programa Horizonte Europa

Ademais destes relatorios, o evento inclúe mesas redondas e presentación de proxectos innovadores que contan con axudas europeas en ámbitos como o clima, a transición ecolóxica, a transformación dixital ou a agroalimentación, entre outros. Por outro lado, os participantes contarán co asesoramento dos puntos nacionais de contacto do programa Horizonte Europa. De feito, un dos principais obxectivos do Galicia Innovation Days será o de fomentar as redes de contacto, creando relacións con posibles socios e colaboradores. Os asistentes poderán realizar intercambio de mensaxes e reunións individuais.

Dez anos no ámbito internacional

Dende hai máis de 10 anos contamos cun equipo dedicado á promoción e execución de proxectos internacionais. Todo enmarcado nunha estratexia de rexión, nunha estratexia de país, coa que estamos totalmente comprometidos, destacou Javier Pereiro. Todo en relación co impulso á investigación e á innovación como unha das liñas estratéxicas de Feuga, que tamén conta cun área de programas europeos.


Para obter máis información podes premer na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.