Xoves 28 Marzo 2024

Anulan as charlas antivacinas previstas na Coruña

O Concello da Coruña anunciou esta mañá a cancelación das charlas de Xavier Uriarte e José Núñez, impulsores do movemento Liga pola Liberdade da Vacinación, que ían ter lugar o vindeiro 3 de marzo en Expocoruña.

A participación de Uriarte e Núñez, coñecidos pola súa postura antivacinas, das que afirmaron que a maioría “non serven para nada” e causan “efectos adversos graves e frecuentes”, estaba prevista no marco da feira BioCultura, un evento que promove a agricultura ecolóxica e o consumo responsable. Na feira, que agarda recibir a máis de 13.000 persoas, instalaranse 200 expositores con presenza de produtores orgánicos do séctor téxtil, a bioconstrución, hixiene e cósmetica, mobles e decoración, aforro e reciclaxe, ecoloxía, medio ambiente, terapias complementarias turismo rural, xoguetes, artesanía, música, libros ou revistas.

Publicidade

A Liga pola Liberdade da Vacinación (LLV) foi moi criticada no ano 2015, cando un neno de Olot (Girona) morreu con só seis anos tras ser diagnosticado de difteria. Era o primeiro caso rexistrado en España desde 1987 e non estaba vacinado. A LLV emitiu un controvertido comunicado ao desvelarse que o rapaz non fora inmunizado.

Reaccións

A través do seu Facebook, os Museos Científicos Coruñeses tamén manifestaron o seu rexeitamento á difusión dos movementos contrarios ás vacinas:

“No 2003, os Museos Científicos Coruñeses e Concello da Coruña organizamos a exposición ‘Vacinas para todos’ co obxectivo de contar que o desenvolvemento das vacinas, e a súa posterior implantación, constitúe un dos maiores logros da Humanidade no control de enfermidades. Grazas ás políticas de vacinación erradicáronse enfermidades infecciosas tan graves como a varíola, e outras como a polio ou a difteria desapareceron prácticamente das nosas vidas.

“Afirmar o contrario supón desinformar ao público e sembrar dudas sobre tratamentos eficaces, cuxa seguridade foi demostrada mediante experimentación científica contrastable e reproducible. A este respecto, a ciencia é contundente: a vacinación é segura e salva millóns de vidas cada ano.”

Pola sua parte, a asociación Vida Sana, organizadora de BioCultura, confirmou a retirada das charlas. En declaracións a Europa Press, a súa presidente, Ángeles Parra, manifestou que as ponencias foron incluídas por ser “un tema de polémica científica”, pero matizou que o obxectivo non era “falar tanto de ‘vacinas si ou non’ como dos ingredientes tóxicos utilizados nas vacinas”.

Parra lembrou tamén que este debate tivo lugar nas edicións previas de BioCultura, que se celebra desde hai 33 anos, e “nunca houbo polémica”.

Nun comunicado, Vida Sana insistiu en que BioCultura “non está contra a vacinación nin do sistema médico sanitario oficial”. “Só pretendemos que a cidadanía teña acceso, de primeira man, a opinións diferentes ás do sistema máis oficialista”.

.

2 COMENTÁRIOS

  1. A liberdade de expressão impõe a obriga de autorizar também estas manifestações, ainda fraudulentas. As autoridades e população civil responsáveis temos ferramentas para combater a intoxicação intelectual que produzem…

    • … pero si é legítimo não proporcionar-lhes apoio institucional. Da nova não se deduz qual foi a actuação do Concelho.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que teñen tanto éxito os discursos anticientíficos?

O 'terraplanismo', os 'movementos antivacinas' e o 'negacionismo climático' son conceptos que se popularizaron nos últimos anos

A Domus celebra unha feira para experimentar coa ciencia

Tamén organiza mañá unha xornada de portas abertas, pero é preciso inscribirse con antelación

“Son un atentado violento e perigoso”: os argumentos dos antivacinas no século XIX

Un estudo conclúe que o discurso apenas evolucionou e os movementos contrarios ás vacinas seguen a lanzar as mesmas mensaxes na pandemia actual

Negacionismo, anticiencia e pseudociencias: en que se diferencian?

Son tres conceptos moi relacionados e que, en ocasións, se solapan, mais é preciso usalos con precisión para evitar que se dilúa o seu significado