Venres 29 Marzo 2024

A Academia de Ciencias levanta o veto ás mulleres

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vén de aprobar o ingreso de catro novos membros: Ángel Carracedo, Fernando Pérez, María José Alonso e Alicia Estévez. A entrada dos novos académicos numerarios faise oficial coincidindo coa apertura do curso da institución, que se celebra este mércores en Santiago dedicado á memoria de Ernesto Viéitez, presidente da RAGC durante 31 anos e falecido o pasado mes de setembro.

Durante o acto, Antonio Rigueiro, académico da RAGC e catedrático de Produción Vexetal da Universidade de
Santiago de Compostela (USC)
, dedicará a lección maxistral a Ernesto Viéitez co castiñeiro como tema. Pola súa parte, Darío J. Díaz Cosín, catedrático de Zooloxía da Universidade Complutense de Madrid, falará das súas vivencias co profesor Viéitez cando hai máis de 30 anos ambos os dous coincidiron como docentes e investigadores na USC. Logo da intervención do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, pechará o acto o presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos. Durante a clausura, Ríos anunciará que os galardóns científicos que a institución concede cada ano denominaranse a partir de agora Premios de Investigación Ernesto Viéitez.

Publicidade

O ingreso de María José Alonso e Alicia Estévez como académicas da RAGC supón o levantamento dun veto implícito na institución, que tiña pendente a apertura ás mulleres científicas case desde a súa fundación en 1977. A a única académica deixou de ser numeraria en 1990 ao establecer a súa residencia fóra de Galicia. Trátase de María del Pilar Fernández Otero, catedrática de Farmacia da USC.

Os novos académicos

  • María José Alonso (Carrizo de la Ribera, León). Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC. Desde 1992 lidera un laboratorio de investigación pioneiro en España no ámbito da nanomedicina. Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación financiados por entidades de relevancia internacional como a OTAN, a OMS, a Comisión Europea e la Fundación Bill & Melinda Gates. O impacto do seu traballo en publicacións científicas permitiulle alcanzar o 9º posto no ranking mundial do Times Higher Education na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía. Recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio Jaime I de novas tecnoloxías e o Maurice Marie Janot da Sociedade Internacional de Tecnoloxía Farmacéutica.
  • Alicia C. Estévez Toranzo (Pontevedra). Catedrática da USC no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. A súa investigación encádrase no eido da biotecnoloxía, máis concretamente no estudo de patoloxías de peixes e a elaboración de vacinas para acuicultura, entre outras liñas. Nos últimos 10 anos dirixiu 16 teses doctorais, publicou un libro, 30 capítulos de libros e 132 traballos de investigación. Ten sete patentes rexistradas e participou nun número moi elevado de proxectos científicos con financiamento público e privado. En 1993 foi merecedora do Premio Jaime Ferrán na categoría de investigadores, outorgado pola Sociedade Española de Microbioloxía.
  • Ángel Carracedo (Santa Comba, A Coruña). Catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, o centro de maior volume de España na diagnose de enfermidades xenéticas, e do Centro Nacional de Xenotipado do Instituto de Saúde Carlos III. O grupo de investigación que dirixe (Grupo de Medicina Xenómica) está composto por arredor de 100 personas de alomenos  15 nacionalidades. Publicou 12 libros e 480 artigos en revistas internacionais, incluídas Nature e Science. As súas principais liñas de investigación son a farmacoxenómica e a xenética do cancro, así como as enfermedades psiquiátricas en idade infantil. Entre outros, recibiu o Premio Jaume I de Investigación Médica e o Premio Galien, coñecido como o Nobel do Medicamento, na categoría de Mellor Labor Investigadora.
  • Fernando Pérez (Vigo). Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e das Comunicacións da Universidade de Vigo. Desde 2009 até 2011 foi titular da Cátedra Príncipe de Asturias en Ciencia Informática e Tecnoloxías Relacionadas, na University of New Mexico (EEUU), á que segue vinculado como profesor de investigación. O seu traballo científico céntrase nas comunicacións dixitais e a seguridade da información multimedia, temas sobre os que publicou máis de 200 artigos de investigación en revistas e conferencias internacionais e conta con 17 patentes no estranxeiro. É cofundador de seis empresas do sector TIC en Galicia e artífice de Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, do que desde a súa fundación en 2007 é director xeral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Ángel Carracedo: “O Proxecto Xenoma Galicia é o máis ambicioso do mundo”

A iniciativa recompilará o ADN de 400.000 galegos para identificar variantes xenéticas de alto risco e para anticiparse ás enfermidades

Ángel Carracedo: “Divulgar na miña terra? Teño claro que en galego”

O xenetista fai un repaso da súa traxectoria como líder dun laboratorio que é referencia internacional en Ciencias Legais en Forenses