Imaxe do vapor de auga tomada desde satélite, que amosa a DANA ao oeste da península Ibérica. Fonte: MeteoGalicia.
Imaxe do vapor de auga tomada desde satélite, que amosa a DANA ao oeste da península Ibérica. Fonte: MeteoGalicia.

Alerta amarela en Galicia (aínda que non o pareza)

Despois duns días de tempo favorable, con temperaturas case propias do verán, erguémonos este mércores cunha situación que parecía continuar igual. Ceos limpos, temperaturas mínimas suaves e máximas moi agradables. Porén, unha forte tormenta estase a achegar a Galicia. As imaxes do satélite non enganan. E MeteoGalicia emitiu, ante esta situación, un aviso de alerta de nivel amarelo por fortes treboadas e precipitacións.

O fenómeno, coñecido como Dana (acrónimo de Depresión Illada en Niveis Altos), é semellante á gota fría que adoita ter lugar no Levante español. Prodúcese polo contacto dun chorro de aire moi frío en altura co aire cálido da superficie, tal e como acontece coas altas temperaturas destes días. O ano pasado, unha Dana deixou dous intensos episodios de lóstregos en Gaicia. O 26 de maio e entre o 26 e o 28 de agosto, caeron preto de 20.000 relampos sobre Galicia, acompañados de precipitacións moi intensas.

É un acontecemento moi difícil de predicir, polo que ás veces pode causar graves danos debido á súa intensidade. A alerta xa está activa, desde MeteoGalicia e Aemet, desde a 12 da mañá do mércores. Esténdese ata as 21 horas e afecta a todo o interior de Galicia. O xoves, tamén se verá afectado o litoral das Rías Baixas, nas mesmas horas. Estímase que poderían chegar a caer ata 15 litros por metro cadrado nas zonas máis afectadas.

Tamén podes ler:

Dana, o fenómeno atmosférico que deixou 12.000 lóstregos en Galicia.

O día dos 9.562 raios en Galicia.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.