Martes 16 Abril 2024

Que pode (e que non) dicirnos o ADN sobre un delito?

Ángel Carracedo e Lourdes Prieto, da USC, participan nunha guía que aclara e desbota mitos sobre o papel da xenética nas ciencias forenses

Un grupo de investigadores de referencia en Europa, entre os que están os científicos da USC Ángel Carracedo Álvarez e Lourdes Prieto Solla, acaban de publicar unha guía que explica que pode e que non pode dicirnos o ADN no contexto da investigación dun delito e como pode realmente contribuír a xenética forense ao sistema de xustiza.

Desde Santiago de Compostela son coñecidas as achegas do equipo dirixido por Carracedo en investigacións como o asasinato de Eva Blanco, a Operación Minstead ou o estudo dos restos de Thomas Sankara, o coñecido como Che Guevara africano.

Publicidade

Na presentación da guía, celebrada a pasada semana en Madrid, varios dos autores explicaron como a análise de ADN revolucionou a ciencia forense. Axudou a atrapar asasinos en serie  e a exonerar a persoas inocentes, pero a medida que as técnicas de xenética forense se desenvolven, aumentando así a súa capacidade para detectar cantidades cada vez máis pequenas de ADN e estendéndose o seu uso, é especialmente importante “que as expectativas de o que pode ou non esclarecer se baseen na ciencia e non na ficción televisiva”.

Para informar ao público da realidade das probas de ADN en aplicacións forenses e as súas limitacións á vez que aclarar algunhas malinterpretacións que existen, investigadores da Sociedade Internacional para a Xenética Forense e outros colegas europeos asociáronse coa organización sen ánimo de lucro Sense About Science para publicar a guía Interpretando la genética forense.

Deste xeito, o libro aclara que a partir dunha mostra de ADN non se pode predicir o aspecto físico xeral dunha persoa que deixou restos biolóxicos na escena do delito, aínda que si algúns rasgos visibles como a cor do pelo ou dos ollos. Tamén explica que o noso ADN está en todas partes, mesmo en lugares onde nunca estivemos xa que nos desprendemos continuamente del e alguén o pode transmitir, ou que o ADN por si só non resolve delitos xa que é un instrumento de investigación eficaz só cando se utiliza dentro dun contexto máis amplo formado por todas as demais probas dun caso.

Para a investigadora colaboradora do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da USC Lourdes Prieto Solla, a pesar do familiarizados que estamos co termo ADN, con frecuencia se malinterpreta o que realmente pode dicirnos, de aí a utilidade desta guía. “En España son ben coñecidos certos casos, como o asasinato de Eva Blanco ou os de Rocío Wanninkoff e Sonia Carabantes, pero quizais se sabe menos dos detalles sobre o papel que xogou a xenética forense á hora de atopar culpables ou descartar sospeitosos”.

Pola súa banda, o catedrático de medicina Legal da USC Ángel Carracedo mostrouse partidario de aproximar a ciencia á rúa e explicar a todos o valor e os límites das aplicacións forenses do ADN. “Vivimos nun mundo no que as novas xornalísticas e as series televisivas teñen máis impacto que a divulgación científica, o que fai que a cidadanía teña ás veces crenzas erróneas sobre a proba de ADN e por iso poden, nalgúns casos, non valorala correctamente”. O obxectivo da guía é “precisamente divulgar que é a proba do ADN, cales son as súas posibilidades e por suposto cales son as súas limitacións”, explicou”.

Aquí podes descargar (en PDF) Interpretando la genética forense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Es zurdo? Descobren mutacións raras asociadas ao uso da man (e o pé) esquerdos

Un novo estudo explica como certas variantes xenéticas que alteran o xene TUBB4B están relacionadas co desenvolvemento desta condición

As mutacións do ADN mitocondrial poderían anunciar o inicio do párkinson

Un novo estudo sinala que as delecións prodúcense anos antes da aparición dos síntomas motores e cognitivos desta enfermidade

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego detecta posibles biomarcadores da esquizofrenia resistente ao tratamento

Científicos do IDIS identifican un perfil de 16 microARN que diferencia aos pacientes que non responden á medicación dos que si o fan