Venres 29 Marzo 2024

Terras Gauda comeza a viticultura vía satélite

Viticultura vía satélite de precisión. Adegas Terras Gauda impulsa o proxecto europeo de I+D+i ‘Foodie’, co emprego da tecnoloxía máis avanzada para analizar o viñedo coa información obtida de satélites, dos sistemas de observación europeos e dos sensores instalados no propio terreo. A adega é a única en España que vai dispoñer desta información tan precisa e detallada posto que o seu viñedo foi elixido como campo piloto do proxecto. No estudo participan empresas e grupos de investigación de 8 países: Alemaña, Austria, Italia, Polonia, República Checa, Turquía, Letonia e España.

José María Fonseca, presidente do Grupo Terras Gauda; Enrique Costas, director xeral; e Emilio Rodríguez Canas, director técnico.
José María Fonseca, presidente do Grupo Terras Gauda; Enrique Costas, director xeral; e Emilio Rodríguez Canas, director técnico.

Foodie ten como obxectivo recompilar e reordenar información espacial xa existente procedente de COPERNICUS (Programa de Vixilancia Ambiental que xestiona a Axencia Espacial Europea), GALILEO (Sistema Global de Navegación por Satélite da Unión Europea), GBIF (Infraestrutura Mundial de Información en Biodiversidade); INSPIRE (Infraestrutura de información espacial en Europa para apoiar as políticas comunitarias de medio ambiente), GEOSS (Sistema de Observación Global da Terra), etc.
Estes datos serán interrelacionados cos obtidos en tempo real da rede de sensores instalados no viñedo de Terras Gauda, dividido en parcelas con topografía, orientación, altitude, pendente, condicións climáticas e chan diferenciadas.

17 nodos sensores e os datos por satélite permiten controlar a vide en tempo real

A adega do Baixo Miño atópase na fase final do desenvolvemento do software específico para interpretar  toda a información.  O obxectivo é introducir técnicas de manexo diferenciadas para cada zona do viñedo respectando as súas propias características e, no caso de parcelas homoxéneas e de suficiente dimensión, vinificar por separado. Isto permitirá mellorar o rendemento da viña, respecto do seu potencial de calidade, estado nutricional e sanitario e reducir o impacto ambiental grazas á optimización e axuste das necesidades de tratamentos fitosanitarios e de fertilización.

Sede das adegas Terras Gauda no Rosal.
Sede das adegas Terras Gauda no Rosal.

Na actualidade están instalados 4 nodos sensores de rede intercomunicados no viñedo, cos que se realizou a proba piloto do software específico  para comprobar o seu funcionamento e a transmisión de datos á aplicación. O departamento técnico conseguiu neste primeiro test valiosos datos sobre temperatura e humidade no interior da follaxe ou do tempo que permanece mollada a folla, por exemplo. Ademais, a aplicación facilita a interpretación do vigor das cepas. Tamén amosa mapas climáticos de cor das áreas do viñedo respecto de temperatura ou humidade relativa.
Unha vez finalice esta fase de desenvolvemento do software, Terras Gauda contará cunha rede de 17 nodos sensores intercomunicados e comezará unha segunda fase: a posta en macha dun rexistro xeorreferenciado. A partir de entón, todas as anotacións de datos habituais que se realizan a diario plasmaranse mediante esta técnica de posicionamento espacial.
Ao contar con datos en tempo real, o departamento técnico poderá adoptar decisións con maior inmediatez sobre diferentes cuestións relevantes, como tratamentos fitosanitarios, subministración de nutrientes, predición de rendemento, orde de vendima segundo parcelas e variedades, etc.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tempo estable e a fase escura da Lúa permitirán ver as Xemínidas nunha ocasión única en Galicia

É un dos fenómenos astronómicos máis esperados do ano. O seu máximo esplendor terá lugar na madrugada do 14 ao 15 de decembro

Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta

Imaxes de satélite para detectar con rapidez mareas vermellas nas rías galegas

Investigadoras do CSIC deseñan unha nova metodoloxía con fotografías de Sentinel-2 para controlar as proliferacións de algas potencialmente nocivas
00:06:17

Firepoctep: un territorio máis resiliente fronte ao lume

Un proxecto europeo establece pontes entre científicos da raia para mellorar a prevención de incendios forestais e limitar os danos do cambio climático