Venres 29 Marzo 2024

A Academia de Ciencias achegará ao Parlamento información científica “de calidade”

Os presidentes das dúas institucións asinan un convenio para asesorar científicamente aos deputados no desempeño das súas funcións

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e o Parlamento de Galicia, por medio dos seus presidentes, Juan Manuel Lema Rodicio e Miguel Ángel Santalices, asinaron este xoves un convenio de colaboración polo cal a institución científica se pon á disposición dos deputados e deputadas para asesoralos e facilitarlles o acceso a información científica “obxectiva e de calidade”, cumprindo así coa vontade manifestada por ambas entidades en encontros previos.

Como resultado deste acordo, o equipo da RAGC facilitará ao Parlamento os estudos, traballos ou informes que, en materia científica, lle solicite a Cámara, co obxectivo de tomar decisións a prol dos cidadáns sustentadas polo traballo dos investigadores e investigadoras.

Publicidade

O asesoramento poderá referirse tanto ás cuestións de interese relacionadas co desenvolvemento do labor de deputadas e deputados, como a aquelas que lles permitan anticiparse aos retos de futuro derivados do desenvolvemento científico. E na práctica, a sinatura deste acordo dota aos deputados e deputadas do respaldo equivalente ao dunha oficina de ciencia e tecnoloxía, aínda que sen custe algún para as arcas públicas.

No marco deste acordo, Cámara e RAGC tamén poderán colaborar noutras iniciativas como exposicións, conferencias ou publicacións que promovan a cultura científica. Do mesmo xeito, a Cámara galega poderá recabar o asesoramento da Academia na procura dunha xestión máis eficiente ou para o desenvolvemento de novos proxectos derivados dos avances que se rexistren no ámbito das tecnoloxías e do coñecemento científico.

Tras a sinatura do acordo, ambas partes congratuláronse da dispoñibilidade e a xenerosidade mutua para contribuír, de maneira desinteresada, a acadar o dobre obxectivo de incorporar a ciencia e tecnoloxía a axenda política e ofrecer aos lexisladores información científica de calidade que sirva de base para as súas decisións.

Ao acto de sinatura asistiron tamén a vicepresidenta da Real Academia Galega de Ciencias, Alicia Estévez Toranzo, e representantes de todos os grupos  parlamentarios da Cámara.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...