Os premiados pola Academia Galega de Ciencias e a Gain, coas autoridades presentes no acto. Foto: RAGC.
Os premiados pola Academia Galega de Ciencias e a Gain, no acto de entrega do 2019 Foto: RAGC.

Aberto o prazo para os Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia

O certame, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias e a Xunta de Galicia, chega á súa sexta edición con 18.000 € en premios

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, abre ata o 30 de abril o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2020.

O certame chega á súa sexta edición con premios por un valor total de 18.000 euros para recoñecer os mellores casos de éxito en aplicación práctica de resultados de investigación en Galicia e difundilos entre a cidadanía e, en particular, entre a comunidade investigadora e empresarial.

O detalle das bases e os formularios para a presentación de candidaturas están dispoñibles nas webs da RAGC (ragc.gal) e da GAIN (gain.xunta.gal). O proceso é totalmente telemático e está aberto a grupos de investigación, pemes e grandes empresas.

Tres categorías

O premio “Francisco Guitián Ojea” está dirixido a grupos de investigación que, a través do seu labor en I+D aplicada, desenvolveran unha tecnoloxía susceptible de ser aplicada ao sector empresarial pero que aínda non fose transferida. A dotación do premio ascende a 6.000 euros e pode presentarse calquera grupo, coa única condición de que estea adscrito a un centro tecnolóxico ou de investigación ubicado en Galicia.

No caso do premio “Fernando Calvet Prats”, recoñecerase o traballo dun grupo de investigación no que a tecnoloxía creada fose xa transferida con éxito ao sector empresarial. Os destinatarios son, igual que na modalidade anterior, grupos radicados en Galicia e a dotación é tamén de 6.000 euros.

O premio “Ricardo Bescansa Martínez” busca o caso de éxito máis representativo de innovación empresarial acadada a partir da transferencia de tecnoloxía. Poden concorrer empresas de calquera tamaño –galegas ou cun centro de traballo radicado en Galicia– que acrediten innovacións procedentes da adquisición dunha patente, dun proxecto conxunto con un ou varios grupos de investigación ou outro mecanismo calquera de transferencia. A dotación do galardón ascende tamén a 6.000 euros.

E estes foron os premios da edición do 2019:

A Academia de Ciencias entrega os seus premios de Transferencia de Tecnoloxía e Xornalismo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.