José María Arias (presidente da Barrié), xunto a Feijoo e Conde.
José María Arias (presidente da Barrié), xunto a Feijoo e Conde.

A Xunta crea un fondo de ciencia de 1,6 millóns seguindo o modelo Barrié

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe un convenio coa Fundación Barrié para a creación do Fondo autonómico de proba de concepto, que ten como obxectivo “comprobar se as ideas e a innovación que desenvolvemos neste momento en Galicia poden ter éxito empresarial e, nese caso, acompañar os investigadores ata acadalo”. Deste xeito, impúlsase que os proxectos pasen “a liña desde a Universidade á empresa” e foméntase a colaboración entre o sector público e a sociedade civil no fomento da investigación.

En virtude deste acordo, a Barrié transferiulle á Xunta a metodoloxía e a experiencia do Fondo de Ciencia, un instrumento similar do que esta institución dispón desde 2011. Agora, este “vehículo de transferencia de coñecemento” ponse ao servizo da sociedade galega e o Fondo autonómico de proba de concepto “nace sabendo xa camiñar”.

Da primeira selección de 25 proxectos sairán entre 6 e 10 definitivos

O fondo nace con tres obxectivos principais: facer máis rendible social e economicamente o investimento público e innovación, identificar de xeito rápido os proxectos con potencial innovador e facilitar a transferencia dos resultados de investigacións cara ao mercado.

Este novo fondo estará dotado inicialmente con 1.650.000 euros, unha cantidade que se poderá ver incrementada conforme se vaian sumando a el outras institucións públicas e privadas. Con estes cartos apoiaranse entre seis e dez proxectos dos centros de investigación galegos, escollidos de entre unha primeira selección de 25 investigacións. Cada un deses proxectos recibirá, de xeito estimado, entre 120.000 e 210.000 euros. Por último, establecerase un Comité de Seguimento que acompañará os primeiros pasos de cada iniciativa.

Feijóo gabou o labor da Fundación Barrié no fomento do talento, pois nos últimos 26 anos concedeu bolsas a 15.000 estudantes, algo do que “non hai precedentes” nunha institución privada galega. Ademais, o Fondo de Ciencia, que supón a orixe do Fondo autonómico de proba de concepto, impulsou a “transformación de ideas innovadoras en proxectos empresariais exitosos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.