A revista ‘Astronomía’ gaña o Premio Prismas Especial do Xurado

Casa das Ciencias da Coruña.
Casa das Ciencias da Coruña.

Os Premios Prismas, que conceden os Museos Científicos Coruñeses, distinguiron co seu Premio Especial do Xurado á Revista Astronomía, unha publicación de calidade e veterana, con máis de tres décadas de historia. O xurado destacou a súa traxectoria como un medio de referencia, así como a súa adaptación aos novos contextos comunicativos, sabendo manter o interese do público.

O xurado da edición 2016 destes prestixiosos galardóns estivo presidido por Juan Ignacio Pérez, director da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU (Bilbao). E composto ademais por: Nieves Gordón, do Planetario de Pamplona; José Miguel Mulet Salort, da Universidade Politécnica de Valencia; Elena Lázaro Real, da Universidade de Córdoba; Luis Martínez Otero, do Instituto de Neurociencias de Alacante; Clara Grima, da Universidade de Sevilla. Actuou como secretario Anxo Loureiro Pereiro, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses.

Ademais do Premio Especial do Xurado, o vindeiro 12 de novembro serán tamén entregados os seguintes Prismas de Bronce:

Modalidade de traballos en vídeo

O Prisma de Bronce ao mellor traballo en vídeo destinado á divulgación científica, e o premio dotado con catro mil euros, foi para ao titulado ‘Son esa bacteria que vive no teu intestino’ de Julio Ruiz Monteagudo.

Modalidade de sitios web

O Prisma de Bronce ao mellor sitio web de divulgación científica, e o premio dotado con catro mil euros, foi para ‘Principia’, de Enrique Royuela, Cristina Escandón e Javier Díaz-Romeral. Trátase da versión online da revista en papel do memo nome e destácase “o rigor dos contidos, a orixinalidade e atractivo do deseño e a súa presenza nas redes sociais” (con 8.000 seguidores en Facebook e outros tantos en Twitter).

Modalidade de textos orixinais e inéditos

O Prisma de Bronce ao mellor texto inédito, e o premio dotado con catro mil euros, foi para ‘Fractales e caos. A aventura da complexidade’, de Vicent J Martínez, Fernando J Ballesteros e Silvestre Paredes. Destácase “a orixinalidade no tratamento dos temas, a súa aplicación aos distintos aspectos da complexidade da natureza e o rigor do seu contido”.

Modalidade de libros editados

O Prisma de Bronce ao mellor libro de divulgación científica editado en España en 2015 foi ao titulado ‘Orixes. O Universo, a vida, os humanos’ de Carlos Briones, Alberto Fernández Soto e Jose Mª Bermúdez de Castro, editado por Editorial Crítica do Grupo Planeta.

Modalidade de artigos xornalísticos

O Prisma de Bronce ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2015 foi para o titulado ‘O funcionamento da anestesia continúa a ser un misterio’ de Jesús Méndez González, publicado na Agencia Sinc. Destácase o “enfoque novo do tema incidindo nos aspectos descoñecidos, así como na súa calidade xornalística”.

Modalidade de traballos en radio

O Prisma de Bronce ao mellor traballo en radio de divulgación científica emitido durante o ano 2015 foi ao titulado ‘Manipulación da memoria’ de Susana Escudero Martín e Emilio J. García Gómez-Caro, emitido en ‘Radio Andalucía Información’ no programa Radioscopio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.