Venres 19 Abril 2024

A Real Academia Galega de Ciencias entrega os Premios á Transferencia de Tecnoloxía

Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia galega de Innovación, entregou os Premios á Transferencia de Tecnoloxí, que puxeron en valor dous proxectos volcados “nun dos retos máis complexos, ambiciosos e apaixonantes aos que a ciencia se enfronta hoxe: o cerebro humano”, como salientou no acto o conselleiro de Industria, Francisco Conde.

O primeiro dos galardóns xa ten sido, lembrou o conselleiro, considerado un dos maiores logros da investigación biomédica da historia de Galicia: unha nova terapia para atallar as secuelas do ictus, desenvolvida polo grupo de investigación aplicada de José Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, e que será comercializada grazas ao interés dunha multinacional farmacéutica na investigación galega.

Publicidade

O segundo proxecto premiado, sinalou Conde, ven de ser recoñecido por Bayer como unha das tecnoloxías con máis proxección de España no eido da ehealth. Trátase do sistema de diagnóstico temperán de enfermidades neurodexenerativas IQ-BRAIN, desenvolvido pola start-up coruñesa Qubiotech, que naceu como spin-off dun grupo de investigación do CHUS e apoiado pola Fundación Ramón Domínguez e a Plataforma de Innovación do SERGAS.

 

“Ambos proxectos son unha mostra máis de que Galicia non só é unha terra con start ups e investigadores coa posta vista no futuro, senón unha rexión cunha verdadeira cultura innovadora”, dixo Conde, que sinalou o papel de vangarda de Galicia ao ter sido quen de axudar a deseñar e probar o primeiro vehículo autónomo que probouse nas estradas españolas, construír os oceanográficos máis avanzados do mundo, ou atraer ás principais multinacionais aeronáuticas do planeta para deseñar xunto ao talento galego os avións non tripulados do futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Un estudo constata o potencial da dieta atlántica para reducir o risco de síndrome metabólica

A investigación foi realizada polo IDIS e publicada na revista científica 'JAMA Network'

Un equipo galego demostra que o estómago é capaz de regular o apetito e o peso corporal

O estudo do IDIS revela cambios substanciais na produción da proteína GDF15 a nivel gástrico vinculados coa obesidade, a idade e o xénero

Un equipo galego usa nanopartículas para mellorar o tratamento da fase aguda do ictus

Investigadores do IDIS e da USC reducen os efectos secundarios da única terapia farmacolóxica dispoñible para abordar a enfermidade