A Real Academia Galega de Ciencias entrega os seus Premios de Investigación

A Real Academia Galega de Ciencias entregou este mércores no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela os Premios de Investigación Ernesto Vieitez, que concede anualmente. Nesta edición, o galardón, dotado con 6.000 euros, foi para un equipo o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo. Os científicos Mónica Carrera, José Manuel Gallardo, Santiago Pascual, Ángel González e María Isabel Medina desenvolveron no seu traballo un innovador método para detectar o parásito anisakis no peixe fresco; un problema importante ao que se enfrontan a industria pesqueira e as autoridades de inspección alimentaria.

Publicidade

Na categoría de Investigadores Mozos, a gañadora foi Silvia Barja, do Grupo de Fisiopatoloxía Endócrina do IDIS de Santiago. Os seus estudos conclúen que unha dieta alta en graxa diminúe a produción no estómago dunha proteína capaz de actuar como protectora fronte á obesidade.

Ademais, o alto nivel das candidaturas levou ao xurado a recoñecer con dúas mencións honoríficas a alumnos da USC. Así, Jessica Rodríguez, química do CiQUS, foi premiada por un traballo de recoñecemento selectivo de longas secuencias de ADN con construcións peptídicas multicompoñentes; e os matemáticos Alberto Cabada e Lorena Saavedra recibiron un galardón por un estudo sobre a función de Green.

Os premios foron entregados polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.