Xoves 25 Abril 2024

A Deputación achega 103.000 euros para divulgación á Universidade da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron este luns na sede da institución provincial o convenio para o financiamento das actividades culturais e de divulgación científica da UDC.

A través deste convenio, a Deputación achega 103.000 euros para financiar, en colaboración coa institución académica coruñesa, un amplo calendario de actividades entre as que destacan un programa de promoción das vocacións científicas destinadas ao alumnado de Secundaria e Bacharelato, xornadas de divulgación ou iniciativas coma os premios Expociencia.

Publicidade

González Formoso destacou a estreita colaboración que desde hai anos une á Deputación e a UDC en ámbitos coma o social, o cultural, deportivo ou o impulso á investigación. “Unha magnífica relación que beneficia ao alumnado da UDC”, afirmou o presidente da Deputación, que subliñou a contribución deste programa ao estímulo de novas vocacións científicas e tecnolóxicas.

No mesmo sentido pronunciouse o reitor da UDC, Julio Abalde, que agradeceu o apoio da Deputación para impulsar un programa de actividades que se desenvolven tanto nos campus da Coruña coma no de Ferrol e que se estende aos concellos das áreas metropolitanas de ambas cidades.

O convenio recolle actividades de fomento da cultura científica e de todo tipo de actividades artísticas e arredor do coñecemento

O reitor destacou a incidencia do programa no ámbito preuniversitario, fomentando as vocacións científicas entre os alumnos de ESO e Bacharelato da provincia e estimulando unha maior participación das mulleres en carreiras técnicas, onde a presenza feminina segue sendo minoritaria con respecto á masculina.

Abalde defendeu tamén a importancia dun maior investimento en I+D+i e apuntou que mentres a media de investimento nesta materia nos países da OCDE supera o 2,1% en España apenas alcanza o 1,23% e en Galicia non supera o 0,9%.

A través deste convenio finánciase tamén o amplo programa anual de actividades culturais da Universidade da Coruña, que inclúe distintos obradoiros e rutas, exposicións, actividades musicais e teatrais, aulas de danza, ou residencia de artistas emerxentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías