A liña de axudas financiará iniciativas que conseguiron avaliación positiva na convocatoria do Instituto de Salud Carlos III pero non obtiveron financiamento.
A liña de axudas financiará iniciativas que conseguiron avaliación positiva na convocatoria do Instituto de Salud Carlos III pero non obtiveron financiamento.

A Axencia Galega de Innovación achega tres millóns á investigación da Covid-19

A convocatoria, co prazo aberto ata o 24 de setembro, financiará proxectos para estudar a doenza e o desenvolvemento de fármacos e vacinas

A Axencia Galega de Innovación (Gain), entidade dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, mantén aberta unha liña de axudas dotada de tres millóns de euros para apoiar proxectos de investigación relacionados coa enfermidade da Covid-19 e o desenvolvemento de fármacos e vacinas eficaces.

A convocatoria está destinada a recuperar e apoiar aqueles proxectos de investigación galegos que se presentaron á convocatoria de expresións de interese do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) para o financiamento de proxectos de investigación sobre o coronavirus. A través desta convocatoria do ISCIII, que recibiu máis de 1.400 expresións de interese, sete proxectos galegos recibiron fondos e preto doutra vintena foron avaliados favorablemente, sen obter financiamento. Agora, o programa da Xunta busca apoiar estes proxectos de recoñecido alto nivel e calidade científica.

Os beneficiarios destas axudas serán organismos de investigación do Sistema Galego de I+D+i, públicos ou privados. Na selección das iniciativas, que se poderán desenvolver ata setembro de 2022, terase en conta a súa excelencia científico-técnica, a súa implementación e o seu impacto. A intensidade da axuda é do 100%, prevendo pagamentos anticipados de ata a totalidade da axuda en cada anualidade e o prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de setembro.

A Xunta de Galicia expón no anuncio da convocatoria que “é consciente da importancia de fomentar a investigación de base sobre a enfermidade e o virus, tratando de anticiparse e desenvolvendo tratamentos e vacinas, así como medidas clínico-asistenciais que axuden a protexer a saúde das persoas e conter a propagación da enfermidade”. Neste sentido, o programa impulsado pola Gain busca contribuír a mellorar o tratamento da Covid-19; mellorar a súa diagnose e o manexo clínico dos pacientes de coronavirus; e ao deseño, desenvolvemento e implantación de medidas de saúde pública para responder eficazmente á epidemia.

As bases poden consultarse no Diario Oficial de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.