Deseñando o vehículo do futuro 

A incubadora de automoción de Zona Franca busca iniciativas que lanzar ao mercado, tras impulsar en dous anos 14 empresas e 8 prototipos

Ao servizo e na procura de proxectos de alta tecnoloxía que poidan alimentar a industria da automoción, a incubadora High Tech Auto (HTA), na Zona Franca de Vigo, vén de lanzar a súa cuarta convocatoria. 

Dez iniciativas serán seleccionadas para garantir que cheguen ao mercado e ás portas das aceleradoras de empresas, con éxito. En menos de dous anos de funcionamento, saíron desta incubadora 14 empresas constituídas e 8 prototipos.

Nas instalacións da HTA, os responsables de proxectos que xa reciben o seu apoio describen o seu traballo: desde unha plataforma dixital para o mantemento óptimo de vehículos de recollida de lixo ata un dúas rodas de manexo intuitivo e seguridade máxima para o usuario, pasando por unha nova experiencia de audio inmersiva mentres conducimos. 

Todas as ideas son benvidas nesta incubadora, aseguran os seus responsables, incluso aquelas procedentes doutros sectores cos que establecer pontes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.