Español | English |
O hipocampo, o cabaliño de mar, é un peixe ameazado en todos os mares do planeta. Non só por ser moi sensible á contaminación. Tamén, porque é utilizado como amuleto ou na medicina oriental. Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) lograron crialo e reproducilo en acuarios. Un avance pioneiro no mundo que garante a súa supervivencia e ten, ademais, unha aplicación comercial.