Venres 19 Abril 2024

PODCAST | A humidade oceánica condiciona os eventos extremos. Con Raquel Nieto

Falamos de precipitacións e transporte de humidade coa investigadora do grupo Ephyslab CIM, que participa en estudos sobre tendencias do cambio climático

Con motivo do Día Mundial dos Océanos, celebrado cada 8 de xuño, charlamos con Raquel Nieto, investigadora no grupo Ephyslab CIM-UVigo. Os seus estudos céntranse en comprender como varía a relación entre humidade oceánica e precipitacións terrestres a causa do cambio climático. Ademais, Nieto deixa claro que esta mudanza nas tendencias de precipitacións non só é un problema para os ecosistemas, senón que tamén condicionan as actividades humanas que se levan a cabo en cada lugar.

Precisamente, a investigadora apunta que nunhas décadas o número de precipitacións será menor, pero aumentarán os eventos extremos. Isto, unido a unha falta de previsión na construción de infraestruturas, podería ser a causa de diversos desastres naturais como as inundacións.

Publicidade

Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro