No novo capítulo do podcast Ciencia de Ida e Volta. Co gallo do Día Mundial da Saúde, falamos co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada Víctor Mondelo, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións.
Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) que conta co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.