Xoves 28 Marzo 2024

As cantigas de Códax por unha caixa de cervexas

As cantigas de Martín Códax son o monumento a un formidable desinterese. A unha dramática apatía. Á falta de ganas de sucesivos gobernos por recuperar unha alfaia da literatura. Un manuscrito que constitúe unha xoia da lírica galega. Pero tamén portuguesa. Que debería ter sido defendido como un valor patrimonial en España e que constitúe tamén unha peza universal. E todo isto foi vendido de saldo polo valor dunha caixa de cervexas.

O pergamiño Vindel, que recolle as cantigas de Martín Códax, coa súa notación musical, por fin regresou a Galicia, tras corenta anos custodiado na Morgan Library de Nova York. As xestións da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia permitiron que o documento estea agora exposto no Museo do Mar de Vigo.

Publicidade

Esta copia das cantigas conservada case por casualidade foi realizada a finais do século XIII e  descuberta ao azar en 1914 polo comerciante de libros antigos Pedro Vindel, que o achou na súa librería de Madrid, agochado na garda interior dun libro de Cicerón do século XIV, reencadernado no século XVIII.

Videl publicou en 1914 o achado na revista Arte Española, pero non houbo reacción

Videl vendeu o pergamiño coas sete cantigas de Martín Codax ao diplomático Rafael Mitjana e Gordón, que o depositou na biblioteca de Upsala, cidade sueca na que residía. Tras da súa morte, en 1921, a xoia medieval pasou aos seus herdeiros, que decidiron poxar a obra. A librería de Estocolmo Sandebergs Bokhandel adquiriuno por 78 coroas suecas, o prezo dunhas cervexas. Unha cifra irrisoria.

Finalmente, en 1977, o pergamiño Vindel pasou a mans duns coleccionistas, que decidiron poñelo á venda en Londres. Foi adquirido pola J. Pierpont Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.

Como vemos, en ningún momento España se interesou pola compra desta peza patrimonial tan destacada. E máis aínda tendo en conta que o corpus dos cancioneros medievais galegos está situado no estranxeiro, tanto na biblioteca Vaticana como na do palacio dAjuda. As cantigas de Martín Codax eran unha apetecible adquisición.

Con todo, non faltaron oportunidades para adquirir o pergamiño. O propio Pedro Vindel anunciou o seu descubrimento en febreiro de 1914, nun artigo na revista Arte Española. Un ano máis tarde, en 1915, publicou a primeira edición facsímile do manuscrito. Pero ninguén en ningunha instancia oficial amosou o menor interese.

Martín Codax, pola súa banda, si tivo o seu recoñecemento. En 1998, dedicóuselle o Día das Letras Galegas, ben que compartido con Xohán de Cangas e con Mendinho.

Mentres tanto, a Morgan Library de Nova York deu acubillo ao pergamiño Vindel con todas as honras. Alí viaxaron estudiosos e artistas para rescatar unha obra excepcional, xa que inclúe as notacións musicais.

Agora, a poesía de Códax regresa ao mar Vigo, durante seis meses dacabalo entre 2017 e 2018. Trátase dunha visita excepcional, de enorme carga emocional para a cultura galega.

3 COMENTÁRIOS

  1. Pequena nota: en galego non sempre van os pronombres tras o verbo, hai determinadas excepcions. Sería “en ningún momento España se interesou”, no canto de “en ningún momento España interesouse”. Grazas polo artigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este mapa amosa as conexións entre autores da lírica galego-portuguesa

A investigadora da USC Déborah González crea un portal con información literaria, histórica e biográfica de trobadores e xograres

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro
00:03:12

L de Lírica: ‘morrer de amor’ e insultar con elegancia no Reino de Galicia

As cantigas e os seus variados xéneros estendéronse no século XII e sentaron as bases da poesía que se cultivará posteriormente na Europa occidental

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas