Un de cada dez galegos non sabe que a Terra xira arredor do Sol.

Os galegos que non saben que a Terra xira arredor do Sol

Moitos séculos despois de Galileo, Copérnico ou Giordano Bruno, hai galegos que non saben que a Terra xira arredor do Sol. Así o demostra o estudo realizado pola Fundación Española da Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), que inclúe unha enquisa sobre os coñecementos científicos dos cidadáns.

Aínda que unha gran maioría (89,1%) dos galegos consideraron correcta a afirmación ‘A Terra xira arredor do Sol‘, un 10,9% dos enquisados calificaron a frase de falsa. Os datos de Galicia sitúanse por baixo da media, aínda que non chegan aos de Canarias, no furgón de cola, onde só acertaron o 80,1%.

O peor resultado para Galicia está no coñecemento dos antibióticos. Só o 42,8 por cento dos enquisados souberon para que sirven. A maioría cren que actúan tanto sobre bacterias como sobre virus, cando a realidade é que só son eficaces contra as primeiras. Este é o peor resultado entre todas as comunidades do Estado.

Tampouco na deriva dos continentes e na tectónica de placas andan moi acertados os galegos. Un de cada catro enquisados cre que os continentes non se moven. Ademais, 1 de cada 4 galegos pensa erróneamente que os primeiros seres humanos conviviron cos dinosauros.

enquisa fecyt

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.