Tribuna

A natureza, o noso fogar

Artigo do presidente da Real Academia Galega de Ciencias
Por Miguel A. Ríos
Ángel Carracedo, no laboratorio de Xenómica situado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

A imparable revolución da medicina personalizada

Artigo do Catedrático de Medicina Legal da USC, responsable Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e membro da RAGC
Por Ángel Carracedo
Alevíns de rodaballo.

Novas perspectivas na investigación en acuicultura desde o ámbito da Microbioloxía

Artigo da catedrática de Microbioloxía da USC e Académica da RAGC
Por Alicia Estévez

Matemáticas para as Ciencias da Vida

Artigo do catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e Académico da RAGC
Por Juan José Nieto Roig
O de Pumbariños, no Souto de Rozabales, en Manzaneda, é un dos castiñeiros máis senlleiros de Galicia. Imaxe: Xunta de Galicia.

As árbores senlleiras de Galicia

Artigo do Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e Membro de Número da Real Academia Galega de Ciencias
Por Antonio Rigueiro
Asinantes do manifesto dos premios Rei Jaume I.

Manifesto pola ciencia, a innovación e o emprendemento

18 premios Nobel e investigadores galardoados cos Premios Rei Jaume I piden un pacto de Estado pola ciencia
Por Redacción
Un elefante ferido no accidente desta semana en Albacete. Imaxe: Infocircos.

Morreu un elefante

O accidente dun camión que transportaba varios exemplares de elefante en Albacete pon de novo sobre a mesa o problema dos circos con animais salvaxes
Por Marta Merchán
Desde fai máis de 100 anos, o Instituto Español de Oceanografía (IEO) ten como misión a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, incluída a transferencia de coñecementos sobre o mar e os seus recursos, e é un Organismo Público de Investigación (OPI) dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. "O crecemento dos últimos quince anos non foi acompañado da necesaria modernización" Para levar a cabo a súa misión, o IEO ten un orzamento propio, incrementado con financiamento externo obtido en proxectos nacionais e internacionais e encomendas de xestión. Dispón de nove Centros Oceanográficos repartidos ao longo do litoral español, na Coruña, Cádiz, Xixón, Málaga, Murcia, Santa Cruz de Tenerife, Santander, Palma de Mallorca, Vigo e os servizos centrais en Madrid; 5 buques de investigación oceanográfica, 4 plantas de cultivos mariños, laboratorios de referencia internacional en contaminación mariña, medio mariño e xenética, bases de datos e coleccións biolóxicas únicas a nivel mundial e mantén numerosos programas de observación do ecosistema mariño. O seu persoal, de traballadores altamente especializados, permítelle abordar proxectos multidisciplinares, independentemente da súa localización xeográfica. O IEO representa a España en numerosos foros científicos e técnicos, nacionais e internacionais, sendo o organismo asesor en materia de pesca e medio ambiente mariño do Goberno de España, e é o organismo encargado da avaliación do estado ambiental dos ecosistemas mariños e das pesqueiras. Así mesmo, os profesionais do IEO representan á UE en numerosas organizacións gobernamentais ou se integran en grupos de asesoramento como expertos independentes. Houbo unha "diminución drástica na execución orzamentaria (do 90% en 2013 ao 50% en 2017)" O crecemento en número de proxectos de investigación no últimos quince anos non foi acompañado da necesaria modernización no sistema de xestión e na estrutura do Organismo. Os problemas organizativos do IEO acentuáronse en 2010 cando foi degradado, xunto con outros OPIs, ao rango de Subdirección Xeral, coas consecuencias administrativas que leva. A situación agravouse a partir de 2014, tras o cambio no réxime de control económico-financeiro que no IEO se realizou sen a dotación de recursos humanos necesarios para levar a cabo devandito cambio. En consecuencia, nos últimos anos apréciase unha diminución drástica na execución orzamentaria (do 90% en 2013 ao 50% en 2017). Esta diminución non se xustifica única e exclusivamente polo contexto xeral de crise, xa que esta tendencia tan acusada no IEO non se aprecia noutros OPIs. Isto último reflicte a existencia dun problema estrutural. Se os datos de execución orzamentaria 2013-2017 son xa de seu suficientemente alarmantes, a incapacidade do IEO para executar o gasto comprometido en 2017 levou a un axuste adicional en gasto corrente en bens e servizos, que só permite dispoñer para 2018 dun 30% do orzado no ano 2017. Os problemas na estrutura organizativa ocasionan atrasos na tramitación de expedientes e, en consecuencia, bloquean a execución de proxectos e a creación de emprego cualificado e de calidade, con grave prexuízo para o prestixio do IEO e con repercusión directa no tecido social e económico do país. "Os problemas na estrutura organizativa ocasionan atrasos e bloquean a execución de proxectos" Esta situación de parálise estrutural resúmese en incapacidade de xestión dos recursos financeiros dispoñibles, moitos captados de fontes externas; incumprimento dos compromisos adquiridos; atrasos nos pagos; devolución de subvencións non executadas; desincentivación no liderado de proxectos. En definitiva, perda de prestixio da institución e dos profesionais do IEO, e perda de capacidade na consecución das súas funcións. O actual equipo directivo do IEO é consciente desta situación, que foi denunciada en numerosas ocasións, aínda que non conseguiu remediala, nin a denunciou publicamente. Por todo iso, os traballadores do IEO que subscriben este manifesto, pertencentes ás escalas de investigación, técnicas e administrativas, enormemente preocupados de ver como o IEO está colapsado e observando con asombro o nivel de conformismo do equipo directivo do IEO, ven na obrigación de denunciar esta dramática situación.

En defensa do Instituto Español de Oceanografía

Máis de 300 traballadores do IEO, que conta con sedes en Vigo e A Coruña, denuncian a "parálise" e a "dramática situación" do organismo
Por Persoal do IEO

Cando Galicia puido ser Holanda

Desde o século XVIII houbo varias propostas para gañarlle terreo ás rías galegas e convertilas en cultivos que impulsaran a industria gandeira
Por Diego Conde Gómez

En resposta aos creadores da bebida isotónica con auga de mar

O doutor en Bioloxía Molecular Manuel Collado sae ao paso da polémica sobre as supostas propiedades reparadoras da bebida
Por Manuel Collado