Venres 19 Abril 2024

Peixes que non se moven

Semella que o mar é infinito e que case non ofrece barreiras ao movemento das criaturas que o habitan. No seu día falamos de como se mueven os peixes, pero hai peixes que se moven pouco, moi pouco. Hoxe queremos falarvos dunha especie dabondo coñecida polos lectores de Ecoloxía Azul, o pinto e/a maragota. Resulta que os machos desta especie, na época de reprodución, fanse fortes nunha zona moi pequena do fondo do mar. Tan pequena que en ocasións apenas comprende 4 ou 5 pequenas rocas adxacentes. Durante uns meses non se moverán desa zona onde tentarán atraer femias que depositen os seus ovos, para logo fertilizalos. Ata aquí nada novo. O curioso desta especie é que, ano tras ano, seleccionan as mesmas pedras para as súas tarefas reprodutivas. Hoxe traemos, en primicia mundial, documentos gráficos que así o demostran. Trátase dun dos casos mais radicais de fidelidade espacial que se coñecen, mantida ademais durante moitos anos.

Fixádevos neste pinto, fotografado nunha rocha moi concreta na canle que separa San Martiño de Faro, nas Illas Cíes, no mesmo mes de dous anos diferentes.

Publicidade

Picture2

Parécense moito verdade? Porque é o mesmo individuo! Fixádevos nos debuxos da cara: o patrón facial de pintos e maragotas permite recoñecelos individualmente.

Fixádevos agora nesta maragota que fotografamos e marcamos preto das Illas Estelas no ano 2010, e de novo dous anos máis tarde (xa sen marca). O patrón da cara é exactamente o mesmo. É o mesmo animal.

Picture3

Para rematar, presentamos este macho, protagonista do documental Marcados para Sobrevivir, que marcamos en 2011 e avistamos na mesma rocha durante todo 2011, 2012 e 2013. Deste macho ademais temos información extra, posto que seguimos ose seus movementos con telemetría acústica durante 16 meses, como sabedes.

Picture4

Ademais do patrón facial claro e idéntico en ambas as fotos, esta claro que é o mesmo peixe, pois está marcado por nós.

Son só tres exemplos de fidelidade extrema a unha escala pequenísima: a mesma rocha. No caso do pinto tratábase dunha rocha bastante grande (1.5 m de altura aprox), e no caso da maragota das Estelas, atopámola moitas veces ao longo de 3 anos preto dun anaco de metal dun pecio (o Ivy) de aproximadamente 1 metro de lonxitude. A última maragota (coñecida como Ulises) atopámola sempre nunha rocha moi baixa e alongada, de non máis de 1.5 metros de lonxitude, e disposta no medio da area que rodea ao arrecife de Viños, nas Illas Cíes. Neste mapa resumimos onde se realizaron as observacións, sempre na contorna do Arquipélago de Cíes.

Picture6

Existe un caso todavía máis chamativo que é un pinto que domina una rocha no baixo coñecido como “Os Cegos”, na Ría de Vigo, que segundo o noso colaborador J. Irisarri leva na misma rocha máis de 15 anos. Impresionante!

Ecoloxía azul

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:35

A titánica loita dun polbo por sobrevivir ao ataque dun congro nas Rías Baixas

Un estudo describe as grandes habilidades destes moluscos para escapar e loitar contra os seus depredadores

Así é como unha cría de polbo trata de camuflarse nas profundidades das Cíes

O biólogo mariño Jorge Urcera captura a imaxe dun individuo que levanta dous dos seus tentáculos para facerse pasar por unha alga

Faro de Cíes, o gardián dos mares

Dende a súa construción a mediados do século XIX, converteuse no punto de referencia de entrada á ría de Vigo

Praia da Nosa Señora, un paraíso baixo a superficie

Protexida dos ventos fríos do norte, agocha unha das mellores representacións da fauna e flora mariña das Cíes