Venres 29 Marzo 2024

O narval: a lenda do unicornio

Crese que o mito do unicornio  pode ter a súa orixe no cabeiro do narval. Na Idade Media empregouse o seu cabeiro para curar a epilepsia, fortalecer o corazón e mitigar certos velenos. Como a maioría dos cornos nos vexetais e nos animais se teñen empregado sempre, como non, para solucionar os problemas de impotencia sexual masculina… Isabel I de Inglaterra tiña un cabeiro de narval como unha das súas posesións mais estimadas. Por todas estas razóns e algunha que se me escapa, cazamos narvales para comerciar co seu cabeiro dende hai séculos. Pero… Cal é realmente a función deste intrigante corno?

“O narval (Monodon monoceros) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia Monodontidae que habita os mares do Ártico e o norte do Océano Atlántico. É o único integrante do xénero Monodon e unha das dúas especies da familia xunto á beluga (Delphinapterus leucas). Os machos desta especie caracterízanse por presentar un cabeiro moi longo e retorto de xeito helicoidal que pode chegar a medir dous metros e pesar ata dez quilogramos, (No Museo Rocsen en Tanti, provincia de Córdoba na República Arxentina posúen un cabeiro de 2,7 metros que segundo di o fundador Juan Bouchon é o máis grande do mundo). ”

Publicidade

Distribúese principalmente en augas da rexión ártica do norte de Canadá, os mares ao lado ruso do océano Ártico e ao norte do océano Atlántico. Habita principalmente ao redor dos bloques de xeo que se forman durante os invernos prolongados do Ártico, migrando ás baías e fiordos circumpolares durante o verán. Crese que a poboación mundial é de algo máis de 75.000 exemplares. En 2008 foi catalogado na Lista Vermella da UICN como especie case ameazada, debido a que se mantén unha caza significativa, controlada, por parte do pobo inuit en Canadá e Groenlandia (Dinamarca), os cales se benefician coa súa carne, graxa e o comercio do cabeiro.”

E a función do cabeiro ou corno do unicornio mariño?

Díxose de todo, desde que o usan de espetada para ensartar peces ata que se trata dun reclamo sexual.

Nun traballo afírmase “que este cabeiro  é un sensor utilizado para estudar parámetros da auga como a salinidade ou a temperatura. Esta teoría sostense por varios motivos. Por unha banda, ao contrario do que ocorre con outras pezas dentais, o cabeiro non está recuberto de esmalte, polo que a auga penetra directamente nel, avanzando por unha especie de túbulos  ata a súa base, onde se excitan as terminacións nerviosas da pulpa dental, que enviarán ao cerebro unha serie de sinais sobre a características da auga que se filtrou ata elas. Ademais, comprobouse que cando se modifican levemente a características da auga na que se atopa o animal, o seu ritmo cardíaco varía notablemente, posiblemente pola percepción destes cambios a través do cabeiro.”

Hai outra característica desta especie que chama a atención. Os narvales pasan o inverno medio illados na baía de Baffin, ata que o xeo permítelles emigrar a novas augas.  Investigadores alemáns colocaron hidrófonos en 11 lugares estratéxicos de Groenlandia e rexistraron os sons destes animais a unha profundidade de entre 3 e 18 metros. Os datos recollidos revelan que as chamadas de ecolocalización dos narvais son as máis direccionales da natureza e que os seus clics se estreitan probablemente para evitar o rebote sobre a superficie xeada do mar. ”

Dende logo o narval é unha especie pouco coñecida e con características sorprendentes. Esperemos que siga existindo moitos anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais