Mércores 24 Abril 2024

O boticario

Tiven a sorte de ser educada pola tribo. Entendédeme, non por unha tribo calquera, se non pola comunidade que estaba á volta dos meus pais. Os meus avós, e cando me aburría de estar com eles, algún pai ou nai, normalmente nai de un veciño e entre eles estaba o boticario.

Debía ser eu unha nena moi extrovertida que parte da miña infancia a pasaba com un señor uns sesenta anos maior ca min, alén do meu avó, que era o boticario, o Sr. Elías. O Sr. Elías, amigo das crianzas, deixábanos vender algún medicamento a min e a miña curmá e nós facíamos competicións de procuralos por todas aquelas gavetas de madeira que facían a tan fermosa botica. Mais o momento máis máxico, era cando viña unha receita ‘para facer’. Alí, na parte de atrás da botica, había un sitio que, se ben non nos estaba prohibido, tiñamos que tratar de evitar o máximo. Lembro cousas de vidro, balanzas e ‘culleres raras‘. Cando chegaba unha receita para facer, era un momento de fantasía infantil. O Sr. Elías, marchaba á parte de atrás e nós espreitábamos aquel ritual máxico de misturar pós, líquidosos… Facíao devagar mais com precisión. Pouco sabía eu da química na altura, só vía misturar cousas e saír unha pomada que era boa para artrite, artrose…

Publicidade

‘Pouco sabía eu da química na altura, só vía misturar cousas’

Ás veces teño nostalxia da infancia e, reproduzo na miña casa os rituais de facer pomadas, facendo xabón caseiro, por exemplo. Reláxame, mas perdeu aquel de misterio da infancia, da maxia, como das estrelas de cores que me contaba o veciño Iago que deixaban os Reis Magos se os vías polas noites.

Veume á memoria iso hoxe porque entrei nunha tenda destas que venden ‘todo natural‘ e ‘sen fórmulas químicas’ .Tal cual rezaban o xabón e o aceite de árnica que alí vendían.

A fórmula química da formación do xabón – coñecida como a reacción de saponificación-, é unha de tantas que teño estudadas, como a dos aceites, mas será a nostalxia da maxia neste mundo ás veces tan escuro o que nos fai procurar un bocado da inocencia da infancia? Mágoa que nos saia tan cara, e sexa tan pouco efetiva para trasladar ao mundo adulto, aquel mundo de marabillas agochadas en cada canto. Mais sempre nos quedará Cunqueiro

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cousas que non vemos

A enxeñeira química Isabel Seca Vijande analiza os infravermellos neste artigo da súa bitácora en GCiencia 'Ciencia e Lilás'

Enxeñeira(s): Día da Muller e a Nena na Ciencia

Isabel Seca Vijande analiza na súa bitácora en GCiencia a situación das mulleres no eido STEM e nomeadamente nas enxeñarías

Nano-robots que traballan para nós a diario

A enxeñeira química Isabel Seca Vijande cóntanos a labor que poden facer as bacterias para a depuración de augas

Po de estrelas

Todo o que existe no Universo procede do mesmo tipo de átomo