Venres 29 Marzo 2024

Gala Ciencia que Conta

Un ano máis tivemos a hora de retransmitir a gala de entrega de premios do concurso de relatos científicos “Ciencia que Conta“. Grazas ao traballo do grupo Divulgatia da Universidade de Vigo este certame dirixido á comunidade escolar e ao público xeral chega á súa oitava edición.

Na sede da Fundación Barrié en Vigo contamos coa presenza do catedrático de física da Universidade de Vigo Pío González, cos membros do xurado Cristina Rodríguez (técnica da área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo) e Celia Durán (gañadora do certame en anteriores edicións) e con Santiago Montenegro de Artello Teatro.

Publicidade

Estes foron os gañadores en cada categoría e a dramatización que lle fixemos dos seus relatos:

07052016-3757

Polo xeito enxeñoso e estruturado de lembrarnos a importancia do traballo en equipo e da organización na sociedade, sen deixar de sinalar que cada individuo é único e necesario; polo esforzo realizado para fiar de forma creativa conceptos específicos de bioloxía e embarcarnos con rigor científico nunha marabillosa viaxe didáctica: a da solidariedade, outórgase o Primeiro Premio na categoría de Educación Primaria ao relato “O doador doado” de Lucas López Sanmartín do CEIP de Ponte Sampaio.

Pola empatía e proximidade establecida co público lector, a través do diálogo como recurso literario, que nos amosa a Isaac Newton como o humilde físico que cambiou a física e revolucionou o mundo da ciencia coa súa lei da gravidade, outórgase o Primeiro Premio na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria ao relato “A ombros de xigantes” de Manuel Francisco Lamela Gómez do Instituto Basanta Silva de Vilalba.

07052016-2183

Polo recurso do mar como nexo de unión entre o mundo literario e o científico, fonte de inspiración para explicar a orixe das ondas a través do método indutivo. Dun xeito orixinal e creativo, a autora tira conclusións a partir da observación, estudo, rexistro dos feitos para logo explicar a causa deste fenómeno tan corrente na nosa costa. Destaca a contraposición entre as dúas caras da natureza, a cara amable e próxima e a cara da destrución (envolta nun soño) para descifrar un porque que resolve a ciencia; outórgase o Primeiro Premio na categoría de Bacharelato e Ciclos FP ao relato “Ondiñas do mar de Vigo” de Mar Sola Sanmartín do IES Politécnico de Vigo.

07052016-3958

Polo recoñecemento ao traballo desenvolvido polo matemático de Alan Turing, clave para o final da segunda guerra mundial, a través dun relato literario, histórico e… enigmático que nos engaiola e mantén en tensión desde o principio até o remate, outórgase o Primeiro Premio na categoría Público en Xeral ao relato “O xenio que non foi figura” de Paula Xirasola (Paula Fernández Rodríguez).

07052016-2086

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:04:50

Teñen os mosquitos as súas cores de predilección?  

Ir vestidos de negro nun día de calor pode aumentar as probabilidades de que nos pique un mosquito, pero será o noso olor corporal o que determine a nosa condición de vítima

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas
00:04:54

É o limón o remedio contra todos os males?

O froito do limoeiro forma parte da nosa dieta e da nosa farmacia doméstica desde hai séculos, pero o avance da ciencia négalle hoxe os seus poderes de superalimento