En Hawai arde o mar... pero por mor do volcán Kailuea.

Ferve o mar: aínda máis do que pensas

Durante as últimas décadas os océanos amorteceron a suba de temperatura do planeta. Segundo o que vén de publicar nun estudo na revista Nature, moito máis do que se pensaba. Isto suxire que a Terra se podería quentar máis rapidamente nos vindeiros anos do que nun principio se estimaba. Non será necesario facer as gambas á prancha, só haberá que pescalas.

Nos últimos vinte e cinco anos os océanos capturaron un sesenta por cento máis de calor do que os científicos calcularan. A diferenza supón unha cantidade inmensa de enerxía, orixinada no Sol e capturada na atmosfera da Terra.  A cantidade anual é equivalente a oito veces o consumo mundial de enerxía.

No eido científico estes descubrimentos axudan a resolver as dúbidas sobre a taxa de quecemento dos océanos antes de 2007. Nese ano, empregando ‘boias Argo‘ distribuídas por todos os océanos comezaron a ter datos máis precisos e comparables. Antes a toma dos datos non era todo o homoxénea que era de desexar e por iso dubidábase sobre o quecemento dos océanos.

Esta cantidade de enerxía máis elevada do esperado retida nos océanos significa que a Terra retén máis calor no canto de liberala ao espazo. En resumo máis calor nos océanos significa que o quecemento global está máis avanzado do que os científicos pensaban.

Este estudo pode ter efectos nas medidas para tomar. Se as temperaturas do océanos está a medrar máis rápido do calculado deixará moito menos tempo de reacción para diminuír a produción de carbono na esperanza de limitar o quecemento global a 1,5 graos Celsius, ao final deste século, por riba dos niveis anteriores ao desenvolvemento industrial.

O IPCC advertiu o pasado outubro nun informe de que o quecemento é probable que leve a un aumento de 1,5 graos centígrados entre 2030 e 2052 se o mundo segue o ritmo actual de emisións de gases de efecto invernadoiro. Isto supón que se está en risco de incumprir o obxectivo máis ambicioso do Acordo de París —quedar por baixo do 1,5 en 2100— en pouco máis dunha década.

Desde finais do século dezanove a Terra quentouse un grao Celsius. É necesario tentar limitar o quecemento a medio grao no que queda de século pero para isto hai que poñer en práctica medidas que ninguén quere afrontar.  Se os océanos séguen a quentarse ao ritmo actual os riscos para as poboacións costeiras seguirán crecendo, así como o perigo para ecosistemas como os arrecifes de coral, ou as placas de xeo de Groenlandia ou a Antártida.

No novo estudo non se mide directamente a temperatura da auga. Mídese o volume de gases, osíxeno e dióxido de carbono, que se liberaron dos océanos nas últimas décadas. É unha medida de grande confianza xa que reflicte o comportamento dun líquido ao quentarse.

Os cálculos estiman que en base á calor xa almacenada nos océanos o máximo de emisións que podemos producir para evitar un quecemento de dous graos centígrados debería reducirse nun 25 por cento.

O panel de expertos en cambio climático das Nacións Unidas veñen de anunciar que, se o mundo quere estar por baixo dun quecemento de 1,5 graos Celsius, as emisións globais de carbono deberían de reducirse á metade en 2030. Os océanos absorben máis dun cuarto do dióxido de carbono que emitimos facendo que as augas sexan máis acedas. Pensen no efecto que isto pode ter por exemplo na formación da cuncha de todos os moluscos do mundo ou nos arrecifes de coral.

Estamos moi preto dun punto de non retorno e realmente é necesario tomar accións drásticas urxentes. Estes cambios aínda que sexan locais poden causar efectos devastadores por exemplo incrementando a intensidade das tormentas.

Seguiremos ignorando “a que se aveciña”. Nós non o veremos pero algún dos nosos descendentes pensará ‘e estes que facían cando aínda había tempo’ para mitigar e previr os efectos do quecemento global.

Imagen de previsualización de YouTube

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.