Xoves 18 Abril 2024

Descubrindo a Julio Palacios

Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o I simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott.

 

O ordenador cuántico non existe. Aínda. Pero o día que se consiga crear, os códigos criptográficos actuais, entre eles o da túa tarxeta de crédito, quedarán obsoletos. Na teoría sabemos como se podería construír unha desas máquinas – capaz de resolver problemas que se lle quedan grandes aos superordenadores actuais – pero na práctica os sistemas cuánticos resístense a se deixar manipular.
Un dos científicos que máis ten contribuído á carreira do ordenador cuántico é Ignacio Cirac, do Instituto Max Plank de Óptica Cuántica.

O investigador do Instituto de Quimica-Física Rocasolano do CSIC Josep Mª Oliva cóntanos como coñeceu de xeito casual a figura de Julio Palacios, un dos grandes investigadores do século XX.

Publicidade

O matemático Harald Helfgott resolveu a conxetura feble de Goldbach que levaba aberta desde 1742. Agora xa é un teorema que di que todos os números impares pódense expresar por suma de tres números primos.

Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta na nosa melodía #tuinguel

Conversamos co compositor Manuel Riveiro e co director do coro Encaixe Manuel Abraldes que serán os encargados de converter os textos gañadores en auténticos jingles musicais. Aquí tes as bases. O prazo remata o 12 de outubro ás 24h.

Que é A Chave de Cristal? Entre outras cousas unha nova sección efervescente na que imos presentarvos enredos e adiviñas para facer pensar. Xosé Luis Veiga Goy é o mestre de cerimonias e nos deixa un reto para ir quentando neuronas apto para pequenos e grandes. Envíanos as túas frases con palabras pentavogálicas ás nosas redes ou a efervesciencia@gmail.com

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia en Efervesciencia: “Hai dez anos a divulgación era un fenómeno minoritario”

Entrevista con Pablo López no programa da Radio Galega dirixido por Manuel Vicente

Cerebroides, neuronas e improvisación

Unha nova entrega do programa Efervesciencia, que visita o Congreso da Sociedade Española de Neurociencia

As vacacións da avoa de Einstein

Comeza unha nova tempada de Efervesciencia con novos contidos para o programa de divulgación científica que dirixe Manuel Vicente

A serie ‘Breaking Bad’, a ollos dun químico

Unha nova entrega do programa 'Efervesciencia' que afonda na química da famosa ficción de televisión