Xoves 28 Marzo 2024

Banco de Galicia: ictiofauna

Rematamos esta serie de tres capítulos dedicados ao Banco de Galicia (ir a Cap. 1 e Cap.2) facendo un repaso da ictiofauna descrita na zona ata a data actual.

Os montes submarinos son considerados ecosistemas de alta produtividade. En consecuencia, as súas comunidades biolóxicas adoitan presentar unha elevada biodiversidade. Entre as comunidades biolóxicas residentes neste tipo de hábitats podemos destacar os arrecifes de coral de augas frías, pola súa singularidade, así como a presenza de recursos pesqueiros (ver entrada anterior), mamíferos, tartarugas ou aves mariñas (Niklitschek et al., 2010). Indiscutible, por tanto, e o seu valor ecolóxico e natural.

Publicidade

As limitacións tecnolóxicas demoraron o estudo destes ecosistemas (Hubbs, 1959) e de feito, a día de hoxe, apenas uns 200 montes submarinos teñen sido explorados en detalle (Secretariat of the Convention on Biological Diversity, 2008). Oos estudos biolóxicos no Banco de Galicia atrasáronse ata a década dos 80 (ver entrada anterior).

Muestreo a bordo de una camapaña oceanográfica en el Banco de Galicia. Foto: Rafael Bañón
Muestreo a bordo de una campaña oceanográfica en el Banco de Galicia. Foto: Rafael Bañón

Aínda que o estudo da diversidade ictiológica na montañas mariñas aínda está en proceso de desenvolvemento, cada vez é máis evidente que as comunidades de peixes asociadas mostran adaptacións específicas a estes hábitats (Morato and Clark, 2007). Estas comunidades necesitan desenvolver características morfológicas, biolóxicas e fisiolóxicas que lles permitan adaptarse a unha contorna con altas correntes e gran fluxo de materia orgánica  (Koslow et al., 2000).

sternoptyx_diaphana
Sternoptyx diaphana. Foto: Rafael Bañón

Algúns peixes demersales que se agregan nas montañas submarinas convertéronse en especies obxectivo de importantes pesqueiras (Clark, 2009). O “top 8” das especies máis capturadas a nivel global nas montañas submarinas son as seguintes: “orange roughy” Hoplostethus atlanticus, alfonsino Beryx splendens, tomás Epigonus telescopus, escolar Ruvettus pretiosus, sabre negro Aphanopus carbo, peixe xabaril Pseudopentaceros richardsoni, granadeiro Coryphaenoides armatus e reloxo pardo sureño Pseudocyttus maculatus (Pitcher, 2010). Tamén é coñecido o seu papel nos procesos migratorios de especies peláxicas, o que as converte en “hotspots” de concentración de especies peláxicas de tiburóns (como o ‘marrajo azul’ Isurus oxyrinchus), túnidos (Thunnus spp.) e outras especies (peixe espada Xiphias gladius, e marlín azul Makaira nigricans) (Morato et al., 2010)

Pero vexamos cal é a situación do Banco de Galicia en canto a biodiversidade de ictiofauna. En concreto no monte submarino do Banco de Galicia identificáronse un total de 139 especies de peixes mariños  no único checklist ata agora dispoñible para esta zonas: Commented checklist of marine fishes from the Galicia Bank seamount (NW Spain) (Bañón et al., 2016). A listaxe foi elaborada a partir dos datos recolleitos en nove campañas de investigación desde 1980 ata 2011 (Ver seguinte táboa E entrada previa).tabla1En grandes números estamos a falar de 2 superclases, 3 clases, 20 ordes, 62 familias e 113 xéneros. As especies máis frecuentes nas mostraxes foron o trachíchtido Hoplostethus mediterraneus e o mórido Lepidion lepidion. Cabe destacar que o estudo da ictiofauna no Banco de Galicia deu lugar ao rexistro de especies novas en augas españolas e europeas, por exemplo, o descubrimento no Banco de Galicia de 3 novas especies de Apristurus (Rodríguez-Cabello et al., 2014): A. aphyodes, A. profundorum y A. melanoasper, incrementa notablemente o número de especies deste xénero en augas españolas e establece unha nova especie, A. profundorum, para augas europeas, o que é unha clara mostra da importancia ecolóxica do banco (paga a pena ler o excelente artigo do noso colega Toño Maño dedicado a este xénero de quenllas no seu blogue Tiburones de Galicia).

Trátase duns dos montes submarinos do Atlántico Norte con mellor coñecemento do seu ictiofauna. As súas 139 especies identificadas están moi por riba das 40 en Gorringe  (Abecasis et al., 2009), 78 en Sedlo (Menezes et al., 2012), 53 en Meteor (Mohn, 2010) ou as 34 en Ampère (Christiansen et al., 2014), todos eles situados nio entorno das Azores.tabla2

En canto a aspectos bioxeográficos, o 81,3% das súas especies (113) pertencen ao grupo Atlántico e o 12.2% ao grupo do Lusitánico (17). Os resultados amosan unha ictiofauna composta no súa maior parte por especies de augas profundas (deep water fishes, profundidades maiores de 400) m de ampla distribución, similar á do noiro continental. Isto último e a ausencia de especies endémicas, apoia a tese de que os montes submarinos como ecosistemas singulares, pero non illados (Samad et al., 2006; McClain, 2007). Especies como Aldrovandia oleosa, Physiculus dalwigki, Pseudophychthys splendens o Gaidropsarus granti, que tiñan anteriormente o seu límite norte de distribución no Atlántico leste nas Azores, son citadas agora no banco de Galicia, parecendo indicar unha distribución a saltos (‘stepping stones’) utilizando as illas e montañas submarinas (Bañón et al., 2011).

stepping-stones_web

Polas súas características biolóxicas e ecolóxicas, como regra xeral, os peixes dos montes submarinos son considerados como altamente vulnerables (Morato et al., 2006). Da listaxe de especies de peces do banco de Galicia 9 especies (6%) foron consideradas como vulnerables segundo a UICN, 5 especies (3%) segundo OSPAR e 58 (42%) segundo FishBase (os criterios utilizados para esta clasificación darían lugar a outra extensa entrada).

Trachyscorpia cristulata. Foto: Rafael Bañón
Trachyscorpia cristulata. Foto: Rafael Bañón

Todo este coñecemento xerado ao redor do Banco de Galicia a propiciado a declaración do Banco de Galicia como zona LIC a través da Decisión de Execución (UE) 2015/2373 da Comisión do 26 de novembro de 2015 pola que se adopta a novena lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión biogeográfica Atlántica (Código LIC: ESZZ12001).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Terremoto de magnitude 4,5 preto do Banco de Galicia

É un dos maiores sismos detectados nas proximidades do territorio galego pola rede do Instituto Geográfico Nacional nos últimos 30 anos

Así vive a píllara das dunas nas praias entre Galicia e Portugal

O grupo Ecoloxía Azul publica un vídeo con imaxes dos exemplares protexidos nun plan de recuperación que leva a cabo a asociación Anabam

Revelan novos datos sobre os arredores do Banco de Galicia

Científicos da universidade estadounidense de Rice publican un estudo sobre a evolución desta gran montaña submarina con datos en tres dimensións

Así regresa o salmón aos ríos galegos

Científicos de Vigo documentan a viaxe destes peixes para desovar en Galicia amosando a recuperación da especie