Martes 16 Abril 2024

Alguén viu un cangrexo azul?

Ecoloxía azul

Por Rafa Bañón e BEC

O pasado mes de novembro de 2015 foi capturado un estraño cangrexo azul nunca visto antes nas nosas costas.

Publicidade

O exemplar de cangrexo azul Callinectes sapidus (Portunidae) de 300g de peso foi capturado na Ría de Vigo, fronte á praia de Canabal, pola embarcación ‘O Vilela’, pertencente á confraría de Pescadores San José de Cangas do Morrazo.

O cangrexo azul é unha especie exótica invasora orixinaria do Atlántico occidental, desde Canadá ata Arxentina, e introducido por vez primeira en Europa en 1900 en Francia.

Actualmente atópase distribuído por numerosos países do litoral europeo tanto do Atlántico como do Mediterráneo. Na península Ibérica hai varias citas desta especie, as máis próximas son unha ao norte, no porto de Xixón en 2006 e outra ao sur, no estuario do Tajo, en Portugal, en 1979. Esta especie súmase a outros tres cangrexos exóticos Panopaeus africanus, Pilumnopeus africanus e Pachygrapsus gracilis, capturados recentemente na Ría de Arousa (Cuesta et al., 2015). O número de exóticas marinas en Galicia incrementouse notablemente nos últimos anos co consecuente perigo para o ecosistema e as especies nativas.

bluecrab

Destaca o gran tamaño das súas pinzas como podemos apreciar no seguinte vídeo tomado nada máis chegar ás instalacións da lonxa de Cangas:

#BlueCrab Callinectes sapidus from Ecología Azul on Vimeo.

Agradecer á tripulación de ‘O Vilela’, a Berta (bióloga da confraría de Cangas) e demais persoal da devandita confraría a súa colaboración e doazón do exemplar citado.

Ecoloxía azul

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aparecen centos de medusas mortas na praia de Nerga

Unha das hipóteses que podería explicar o fenómeno é que as correntes e o vento levasen a case 200 exemplares a varar no areal de Cangas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Confirmada a presenza do mosquito tigre en Cangas

Identificouse un exemplar neste concello, que xa se suma aos de Vigo e Moaña como municipios afectados por esta especie invasora

Así se viu a bóla de lume do foguete Soyuz que pasou este martes sobre Galicia

Decenas de persoas avistaron o obxecto, que se desintegrou sobre as 6.45 deste martes 28 de abril moi preto da costa galega