Venres 19 Abril 2024

Con Rosita, no medio do Atlántico

Caderno de bitácora:
Atlántico Norte/ 30 de xuño de 2016
Latitude: 45,079 graos Norte
Lonxitude: 19,09 graos Oeste
Aproximadamente a 559 millas náuticas do porto de saída en Vigo

Escrito a bordo por Fiz F. Pérez, do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)

Hoxe nos centraremos nun elemento clave e cotián : “A Rosita”

Publicidade

Mais coñecida por roseta, é como chamamos a un complexo equipo oceanográfico que permite o mesmo tempo tomar mostras  de auga de xeito hermético e rexistrar de xeito continuo cunha alta frecuencia variables básicas como Condutividade, Temperatura, Presión (CTD). Este equipo empezou a usarse decotío nos noventa, sendo agora  un elemento imprescindible en calquera campaña oceanográfica. A nosa Rosita, de deseño francés,  é a protagonista por antonomasia da campaña, vai facer 123 inmersións, das que levamos 30 feitas. Entre baixadas e subidas dende a superficie ó fondo serán un 673 km atravesando a columna de auga do océano Atlántico, e recollendo 2466 mostras de auga, unhas 20 toneladas de auga, que imos ir extraendo, mais ben muxindo,  de cada un das súas 28 botellas. Juan, o noso contramestre, dicía onte “Ai, se fose viño!”.

A Rosita, saíndo do Sarmiento de Gamboa cara ás profundidades.
A Rosita, saíndo do Sarmiento de Gamboa cara ás profundidades.

Rosita esta conectada cun cable que a sustenta en todo momento e como cordón umbilical lle transmite toda información a sala de control no ventre do Sarmiento de Gamboa.  Cando Rosita baixa, leva as 28 botellas abertas, e co seu CTD vai medindo a presión, temperatura, salinidades, oxixeno disolvido na auga. Tamén leva dous modernos sistemas (ADCP) baseados no efecto Doppler para medida das correntes. Cando Rosita se aproxima o fondo, un altímetro nos alerta da súa proximidade o fondo, nese momento a tensión medra. Onte case aterramos a Rosita o fundo quedamos a escasos 8 metros, despois de baixar 4965. O susto foi maiúsculo, como cando abortan o aterraxe na pista de Peinador.

Cando Rosita, volve cara o buque, a certas profundidades onde as características de auga son especiais, paramos e pechamos electrónicamente unha das súas 28 botellas. Así unha a unha até que o fin chega a superficie para pechar a ultima delas e logo entrar outra vez no hangar do Sarmiento. Os técnicos da UTM, Waldo, Gustavo e Andrés se despiden dela cada vez que parte as profundas e frías augas (1-2ºC) onde as presións son case tres veces superiores que a presión dentro dunha bombona de aire comprimido.

A sonda Rosita chega a baixar ata 5.000 metros no fondo do océano

Cando Rosita chega a bordo cos seus  equipos e os seus 224 Litros de fresca auga de mar, os técnic@s e científic@s se abalanzan para descargar os dados das correntes e muxir até 185 mostras para determinar diversas variables (pH, alcalinidade, CO2 total, sales nutrientes, oxixeno disolvido, CFCs, oxido de dinitrogeno, metano, carbono orgánico disolvido, isótopos de oxixeno e deuterio, e por suposto a salinidade). En cada xeira de case dúas horas de mostreo,  ademais de levar algunha que outra molladura, arredor da Rosita fanse moitos amigos, moitas risas, e as veces algo máis.

A nosa Rosita, ten un deseño especial, por algo é francesa. Ten dous niveles ou pisos de botellas hidrográficas. Esta vez para suxeitar as tapas puxemos múelles de aceiro para evitar a contaminación na medida dos clorofluorocarbonos (CFCs) que nos datan a masas de auga que tomamos. Ademais porta un ADCP de 150 khz que permite medir as correntes en capas moi amplas con unha mellor precisión. Ah! Ademais leva duplicados os sensores de temperatura, presión o salinidades.

Continuará…

Ver o post anterior
Tocando fondo a 4.000 metros baixo do mar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte