Xoves 25 Abril 2024

No Sarmiento de Gamboa… Non todo vai ser traballar!

Caderno de bitácora:
Atlántico Norte/ 3 de xullo de 2016
Latitude: 50,646 graos Norte
Lonxitude: 22,899 graos Oeste
Aproximadamente a 1.357 kms do porto de saída en Vigo

Escrito a bordo por Víctor Pelayo e Susa Álvarez, estudantes da Universidade de Vigo

O día a día a bordo de calquera barco ten máis semellanzas das que podes pensar comparado ca rutina en terra, o que pasa é que traballas, comes, dormes e disfrutas do tempo libre no mesmo lugar. Este buque non da para aburrirse! De feito, levamos varios días para rematar esta entrada dedicada ós máis curiosos, porque… Que se fai cando non se traballa?

Publicidade

Unha das opcións con máis éxito despois de unha quenda de traballo, adoita ser a sala de televisión, onde cada día nos xuntamos científicos, técnicos, estudantes ou tripulación para poñer os pés en alto e sentir o efecto dun bo sofá! Caemos rendidos como se fóramos nenos.  Un claro exemplo de relaxación é Guillermo, integrante do equipo de Oceanografía Xeolóxica, que non tarda máis de dez minutos en pechar os ollos, incitándonos ó resto a facelo tamén.

Salva e José, os cociñeiros, de Cangas e Malpica de Bergantiños.
Salva e José, os cociñeiros, de Cangas e Malpica de Bergantiños.

Falar da sala de televisión e non falar de Waldo (técnico da UTM) sería un delito! Sempre ten chucharías, patacas, pipas e demais para compartir. Isto fai máis ameno cada segundo de descanso que pasamos na sala. O feito de que xurdan debates e opinións sobre a calidade das películas fai que moitas veces non nos poñamos de acordo sobre que ver. Finalmente, o cansancio acumulado, gaña e fainos ceder, porque o que buscamos é desconectar. As risas son garantizadas con escenas imposibles ou cos momentos filmatográficos máis pastelosos.

Anexo a esta sala de TV hai un espazo aberto, onde xa se fixo algunha festa, sen ir máis lexos… foi onte! Como as condicións no mar non eran boas para traballar estivemos agardando no punto de muestreo ata que o vento e as olas amainaron. Na parte baixa do buque, séntese menos o balanceo por iso nos xuntamos pouco a pouco un bo grupo de persoas que non tiñan ganas de ir para a cama. Este lugar conta con todos os detalles: barra de bar, equipo de son, luces de colores, etc. Xusto ó lado hai outra sala que sempre ten a porta aberta, para entendernos chamámoslle directamente a sala de guitarras (aínda que ten múltiples opcións: Xbox, ordenador, televisión e biblioteca) aquí xa vos podedes imaxinar que acontece. Tamén hai clases maxistrais de guitarra impartidas por Gabriel (un dos engrasadores do buque)que cos seus toques e paciencia ensínalle uns acordes a calquera que se preste.

Na parte baixa do buque está o ximnasio, para desfogar e saír da rutina

Outra das opcións que existen nesta parte baixa do buque e que serve para saír da rutina, desfogar e mudar de aires, é o ximnasio. Temos todo o necesario para manter o noso corpo e a mente en forma: bicicleta estática, remos, cinta andadora, música e a correr! Cando o mar nos mostra todo o seu potencial, resulta complicado manter o equilibrio, por iso moitos collemos a opción da sala de guitarras! Con calma chicha é moi recomendable acudir ó ximnasio porque os cociñeiros, preocúpanse con esmero de nutrirnos con un menú moi variado.

Está claro que comer é un pracer, e aquí é unha realidade. Salva e José, un de Cangas e outro de Cabana de Bergantiños fan un dúo perfecto! A organización do comedor é de autoservicio, cada un vai con unha bandexa e sérvese o que quere e para recoller hai que seguir un certo orden colocando cada cousa no seu sitio. Pulpo á feira, marmitaco, carne á mostaza, etc. Son alguhas das exquisitas receitas. Os domingos temos un pincho en cubierta e para os máis madrugadores un desaiuno especial. José di que teñen a aplicación de masterchef e a de Arguiñano… e que a maneira de cociñar cambiou: “Con esta aplicación ata o máis parvo pode facelo”. José fala pouco, pero cando o fai, di as cousas con rotundidade.

E despois da comida… vai o pitillo. Para iso hai que ir ata o hangar, que xa conta con un banco para sentarse a falar. Os que non fumamos tamén imos, porque é un lugar onde se entablan conversas tanto do traballo realizado como da vida en xeral. É un lugar onde coñeces máis as persoas “de tú a tú” e poden xurdir chistes, diálogos surrealistas ou historias reais. A personalidade tan distinta das alumnas de máquinas e ponte: Mariana e Ilonia, unha venezolana e outra rusa, fai que moitas veces quedemos ca boca aberta. A primeira desprende amor por todos os poros e a segunda rexeita os seus abrazos con un galego con gheada perfecto.

ping pong

O hangar é un punto de encontro tanto co personal a bordo como cos que están en terra. Aquí hai boa conexión a wifi e moitas veces estamos wahtsapeando co exterior. Tamén temos unha amplia sala de ordenadores con conexión a internet 24 horas. Isto fai que non nos sintamos tan lonxe e seguir as noticias a diario.

Hai cousas que ninguén vai a facer por nós, como é recoller a habitación ou lavar a roupa. Igual que no comedor, a lavandería é de autoservicio. É moi fácil de usar e no mesmo día xa podes ter todo limpo e seco.

Aquí sínteste con liberdade de facer o que queiras no teu tempo de lecer. Ás veces da a impresión que si vas a durmir, pérdeste algo! Pero é necesario recollerse no camarote a durmir entre balanceos. Este lugar ten unha luz tenue que penetra por un ollo de boi, unha litera, dous armarios, dous escritorios e un baño. Non lle falta nada! Ata nos prestaron un nórdico, sábanas e toallas. Tanto nas zonas comúns como nos camarotes procuramos esforzarnos por manter un certo orden e respeto para que a enerxía positiva (e renovable) siga surcando con nós durante a travesía polo Atlántico Norte.

Entre tanto, a vida sigue e xa está en marcha o primeiro campionato internacional de Ping-Pong, onde os máis valentes están apostando os seus bens máis preciados. Tamén se están preparando sorpresas para certas datas nacionais… solamente unha pista: hai varios gaiteiros a bordo!… “y hasta ahí puedo leer

Aquí podes ler a anterior entrada deste diario
Con Rosita no medio do Atlántico

1 comentario

  1. No Vizconde Eza, agora mesmo en Flemish Cap, a vida a bordo é moi similar, agás que en lugar de oceanografía física e xeoloxía adícanse á biolóxica, a avaliar stocks de especies comerciais, e efectos sobre o medio das pesquerias

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos