Xoves 25 Abril 2024

Sombras

O terror e a magnitude do desastre son tan grandes que intentar reflexionar en quente sobre o que aconteceu onte, e o que segue acontecendo hoxe, carece de sentido. Incluso escribir, agora mesmo, é inútil, cando sería máis razoable coller un caldeiro e poñerse a axudar en Cervantes, en Baiona ou no Xurés. Poderemos encher centos de parágrafos intentando explicar a influencia de Ophelia, a seca, o 30-30-30, o cambio climático, o eucalipto e o piñeiro, unha tormenta perfecta como a de Pedrógãoxestión forestal, os medios de prevención e extinción ou o desleixo do rural. Pero hoxe aínda é van buscar respostas.

Por desgraza, o mal é un misterio insondable. Porén, ao tempo, estamos armados ata os dentes de boa xente. É por iso que resistimos. As cadeas humanas de onte, a xente que se lanza sen medo contra o lume e entrega a vida para salvar ao veciño, son as mans que antonte baleiraban pinga a pinga o mar de chapapote.

Publicidade

Alén do lume, o peor de todo son as sombras. Asasinos e terroristas que moitas veces parecen aire, espíritos incorpóreos que sementan o terror e se esvaecen entre as árbores sen explicación. Quen son? Por que o fan? Están organizados? A mera sospeita de que poida haber unha complicidade empresarial e/ou institucional, ou polo menos unha irresponsabilidade, detrás de todo isto é tan arrepiante que o máis sensato é pensar ben. Porque se pensamos mal, e resulta que acertamos, a conmoción e a dor serían insoportables. Ou non. Depende. Pode que igual xa o saibamos, e haxa quen prefira pechar os ollos. Porque as sombras son demasiado grandes como para non velas.

1 comentario

  1. Penso que é máis que evidente que todo o inferno que estamos soportando en Galicia non é froito da actuación de dous incendiarios enajenados. A orquestración que calquera pode ver nisto asusta, desde logo, pero non podemos nin debemos mirar a outro lado para tranquilizar o espírito. Isto estivo perfectamente preparado. Hai que ver a onde van os beneficios (que aínda que pareza mentira, haberaos ), de tanta dor. E os máximos responsables, cando menos da prevención, teñen nomes, apelidos e cargos públicos. Non o esquezades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses