Sábado 20 Abril 2024

Avistando tiburóns en Galicia

A bioxeografía é a ciencia que se centra na identificación e caracterización das ‘áreas de distribución’ as especies (Morrone, 2009) a través do estudo dos seus patróns espazo-temporais de distribución. É deste xeito como se desenvolveu o groso do coñecemento bioxeográfico (Lomolino et al., 2010).

O coñecemento da distribución e fenoloxía (ver artigo dedicado á fenoloxía do salmón atlántico) das especies de quenllas que poboan as nosas augas depende en gran medida do rexistro dos avistamentos realizados. Isto é mesmo máis importante en zonas onde a súa presenza é atípica, eventual ou debida a procesos migratorios. Estes rexistros axúdannos a comprender os factores que determinan a súa distribución, así como detectar áreas concretas de concentración asociados a estadios de vida determinados. Neste sentido, dispoñer de series históricas de rexistros supón unha ferramenta fundamental para describir patróns xerais, identificar tendencias ou detectar cambios na fenoloxía destas especies.

Publicidade

Tiburón azul, Prionace glauca. Foto: Gonzalo Mucientes.
Tiburón azul, Prionace glauca. Foto: Gonzalo Mucientes.

Nun post anterior, analizamos a inusual presenza de xuvenís de tiburón azul na costa galega durante os últimos veráns (Bañón et ao. 2016). Conscientes da importancia de documentar estes eventos puxemos en marcha unha iniciativa para rexistrar de forma ordenada e pública todos os posibles avistamentos  de quenllas costeiras que teñan lugar en augas costeiras e litorais de Galicia. Podes consultar os avistamentos rexistrados ata a data no seguinte link: Seguimento de quenllas peláxicas en Galicia..

Haz click en la imagen para acceder al registro actualizado de avistamientos de tiburones pelágicos en la costa gallega. Fuente: shinyapps.io (App desarrollada por Alexandre Alonso).Fai click en la imagen para acceder al registro actualizado de avistamientos de tiburones pelágicos en la costa gallega. Fuente: shinyapps.io (App desarrollada por Alexandre Alonso).

Os avistamentos máis habituais corresponden á quenlla azul ou tintoreira (Prionace glauca) e quenlla peregrina (Cetorhinus maximus), aínda que se incluirá calquera outra especie de quenlla que se considere de interese polo seu carácter atípico (principalmente especies peláxicas).

O obxectivo principal é documentar da forma máis completa posible a presenza destas especies, características de ambientes peláxicos, en zonas someiras da costa galega. Para iso manterase unha base de datos exhaustiva con toda a información recollida e actualizada. Sen dúbida, a consecución do obxectivo depende en gran medida da achega voluntaria de toda esta información por aquelas persoas que teña a oportunidade de realizar algún destes avistamentos. É por iso que facemos un chamamento público para o envío deste tipo de información.

Podedes comunicar as vosas observacións a través das seguintes canles: mensaxes nas páxinas de Tiburones de Galicia, Ecología Azul y G+ ou un correo electrónico a apristurus69@gmail.com / ecologia.azul@gmail.com. Ou ben, a través das canles habituais como o 112 ou poñéndovos en contacto coa CEMMA,  a Rede de Varamentos (686 989008), ou con calquera outra asociación ambiental que coñezades, para que polo menos quede algunha constancia do voso rexistro.

IMPORTANTE: Canta máis información fagádesnos chegar, mellor, pois máis completos serán os resultados ao finalizar a tempada: día, hora, posición, zona xeográfica e datos sobre o lugar, tamaño aproximado, o comportamento do exemplar ou exemplares, sexo, etc. É máis que recomendable achegar unha ou dúas fotografías con referencia visual de tamaño (é dicir, colocando á beira do exemplar un obxecto como unha moeda ou un reloxo para determinar o tamaño), se é posible unha instantánea da zona ventral, para confirmar sexo e a presenza de cicatrices umbilicais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven a Galicia e non se sabe o porqué: “Deberían chegar a finais do verán”

Os expertos detectan un cambio no comportamento destes cetáceos, que en primavera adoitan concentrarse no Estreito de Xibraltar

Un proxecto europeo busca reducir a captura accidental de especies protexidas no Atlántico

Investigadoras do IEO liderarán un dos casos de estudo dirixido a mitigar a captura de quenllas e tiburóns nas pesqueiras de atún
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

“As toxicidades atraídas polos ‘pellets’ son unha ameaza para os animais mariños”

Dende a Cemma apuntan que o máis preocupante é o risco de afección que sofren os mamíferos acuáticos