O plástico está invandindo os nosos mares.

Plásticos, microplásticos, nanoplásticos: a ameaza pantasma

A contaminación dos mares afecta aos peixes e ao plancto, mentres os microplásticos invaden a agua de beber ou o sal

O plástico non é indestructible. Algúns plásticos comezan a descompoñerse no océano no primeiro ano. Outros xa chegan en forma de partículas moi, pero que moi pequenas, ao mar. Rodéanos tanto  plástico que o comemos e aparece nas nosas feces.

De feito “atopáronse partículas de policloruro de vinilo (PVC), polipropileno, tereftalato de polietileno (PET) e ata unha ducia de plásticos diferentes en mostras de feces de persoas de países tan distantes e distintos como Reino Unido, Italia, Rusia ou Xapón.

Os resultados amosan que, dos 10 plásticos buscados, atoparon nove deles. Os máis comúns foron o propileno, básico nos envases de leites e zumes, e o PET, do que están feitas a maioría das botellas de plástico. A lonxitude das partículas oscilaba entre as 50 e as 500 micras. De media, os investigadores atoparon 20 microplásticos por cada 10 gramos de materia fecal.”

Imagen de previsualización de YouTube

“Desde os anos sesenta do século pasado aprodución de plásticos medrou case un 9 por cento cada ano. Só en 2015 a produción foi de 322 millóns de toneladas, segundo datos da ONU. Máis tarde ou máis cedo boa parte dese plástico remata no medio ambiente, en particular nos mares: uns oito millóns de toneladas ao ano. A acción da auga, os microorganismos e a luz solar van degradando o plástico ata reducilo a pequenas partículas dunhas poucas micras de lonxitude (unha micra equivale á milésima parte dun milímetro). Algunhas son tan pequenas que o plancto microscópico confúndeas con comida”.

En condicións experimentais, “en presenza de microplásticos, as larvas deixan para comer o seu zooplancton habitual e consomen só plásticos. Curiosamente, os peixes criados en presenza de microplásticos de poliestireno tamén cambian o seu comportamento doutra forma: deixan de temerlle ao cheiro dos seus depredadores. Os peixes expostos a plásticos nun tanque no que tamén había outros depredadores eran devorados catro veces máis rápido que os que non se criaron entre plásticos”.

Imagen de previsualización de YouTube

Este é o perigo dos plásticos que non vemos. A nosa conciencia tranquilízase con non comprar bolsas de plástico. Desde a década dos 80 empréganse microplásticos, partículas de menos de 5 milímetros en produtos como pasta de dentes, deterxentes, cosméticos de amplo espectro (limpadores, exfoliantes, protectores solares…), cremas solares, fibras sintéticas de roupa, etc. Usualmente  empréganse compostos de plásticos como polietileno, polivinilo, polipropileno ou poliestireno e o seu tamaño fai que as depuradoras e instalacións de tratamento de augas non os reteñan”.

Un experimento sinxelo proposto por Greenpeace os mostra. Toma un pouco de auga tépeda e disolve un pouco de crema exfoliante. Pásaa por un baruto fino. No filtro quedasen esas partículas como un residuo practicamente imperceptible. Multiplica iso pola cantidade de botes de crema, protector solar, pasta de dentes e pensa…

A fonte de plásticos é tan ampla que ás veces non conseguimos visualizar a carga que xeramos ou á que estamos expostos. Por exemplo, as lentes de contacto de usar e tirar: “Entre o 15 e o 20% dos estadounidenses usuarios de lentes de contacto (uns 45 millóns de persoas), tíranas polo lavabo ou inodoro, o que xera que nun ano entre seis e 10 toneladas de plástico de lentes de contacto rematen en plantas de tratamento de augas residuais.”

Tamén a auga engarrafada. En Estados Unidos, analizaron “a auga de 259 botellas de renombradas marcas comerciais e a súa conclusión foi que o 93% das mesmas contiñan microplásticos. Entre eles, polipropileno, poliestireno, nylon e polietileno. A concentración media é de 10 partículas plásticas por litro de auga embotellada, o dobre da cantidade atopada na mesma cantidade de auga da billa analizada en 12 países dos distintos continentes”.

Imagen de previsualización de YouTube

Tamén acontece co sal. Máis do 90% das marcas de sal analizadas a nivel mundial conteñen microplásticos. Supoñendo unha inxesta de 10 gramos por día de sal (a Organización Mundial da Saúde-OMS recomenda 5 gramos ao día), o consumidor adulto medio podería inxerir aproximadamente 2.000 microplásticos cada ano só a través do sal, segundo un recente estudo.

“O ano pasado, investigadores da Universidade de Alacante publicaron un traballo sobre os sales producidos por salinas españolas e concluía que todos os sales estudados conteñen plástico en diferentes concentracións, que van de 60 a 280 micropartículas por quilo de sal, na súa maioría tereftalato de polietileno (PET 83,3 % do total), polipropileno (PP 6,7 %) e polietileno (PE 3,3 %).

Do resultado do informe -elaborado con salinas analizadas en Galicia, Huelva e Cádiz (no Atlántico), Barcelona, Xirona, Valencia, Murcia e Menorca (no Mediterráneo) e A Palma e Lanzarote (en Canarias)– despréndese que, cunha inxesta de sal de 5 gramos diarios (recomendación da OMS, pero que é amplamente superada tamén en España), unha persoa comería cada ano 510 micropartículas plásticas en España. Cantidade á que habería que sumar centos doutras micropartículas, procedentes doutros alimentos mariños.

Máis vale tomar conciencia do que estamos a facer. Non podemos imaxinar o que como especie podemos sufrir coa exposición continuada aos plásticos.

1 comentario

  1. Interesante artigo. Soamente dicir que cando comentas : “En condicións experimentais, en presenza de microplásticos, as larvas deixan para comer o seu zooplancton habitual e consomen só plásticos”, tes un link a un artigo da U. Uppsala (Suecia) en Science que foi retirado por dúbidas sobre a honestidade do traballo. Polo momento ainda non hai probas fortes que demostren que os microplásticos constitúen un problema para o desenvolvimento do peixes.
    Saúdos
    Manuel

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.