Peixes que teñen febre e senten emocións

O peixe cebra é a cobaia dos peixes en experimentación.
O peixe cebra é a cobaia dos peixes en experimentación.

Varios equipos de científicos descubriron que os peixes cebra teñen “febre emocional”, un pequeno aumento da temperatura corporal ante situacións de tensións. Outros peixes, os ollomoles, mostran indicadores de emocións.

Tras someter a un grupo de peixes cebra a situacións estresantes, estes sufriron un aumento da temperatura corporal de entre 2 e 4 graos, segundo experimentou un equipo de investigadores da Universitat Autònoma de Barcelona, xunto a científicos das Universidades de Stirling e Bristol (Reino Unido).

Trátase dun fenómeno chamado febre emocional, que se relaciona coas emocións que senten os animais ante un estímulo externo. Mesmo se chegou a relacionar con algún grao de conciencia, aínda que esta é unha cuestión polémica. A febre emocional detectouse en mamíferos , en aves e nalgúns réptiles, pero nunca en peixes, que eran considerados animais sen emocións nin conciencia. Este novo estudo levado a cabo con 72 exemplares de peixe cebra, alterou esta idea.

Imagen de previsualización de YouTube

 Os investigadores dividiron os peixes en dous grupos de 36 exemplares e introducíronos nun gran tanque con diferentes compartimentos intercomunicados, con temperaturas que ían desde 18 ºC ata 35 ºC. Os peixes do grupo control permaneceron na zona que estaba á súa temperatura preferida: 28 ºC, e sen seren sometidos a ningunha acción especial. Aos peixes do outro grupo fíxoselles pasar por unha situación de tensión: foron confinados durante 15 minutos nunha rede dentro do acuario, a 27 ºC. Pasado este tempo, foron liberados.

Mentres os peixes control permaneceron nos compartimentos de 28 ºC, os peixes que sufriran tensións desprazáronse cara aos tanques quentes e aumentaron a súa temperatura corporal entre 2 ºC e 4 ºC. Para os investigadores trátase dunha proba de expresión de febre emocional. Sobre o grao de conciencia dos peixes os científicos están moi divididos. Algúns investigadores cren que non a poden ter pola simplicidade dos seus cerebros, que carecen de córtex cerebral, capacidade de memoria e aprendizaxe, cun repertorio moi limitado de comportamentos e sen a capacidade de experimentar sufrimento.

Un equipo de investigadores da Universidade do Algarve (Portugal) demostrou que os ollomoles responden emocionalmente  os estímulos da súa contorna, o que suxire que os estados emocionais son un trazo que a evolución favoreceu en moitas especies animais.

Imagen de previsualización de YouTubeNoutros factores, medíronse os niveis de cortisol, unha hormona da tensión, e avaliando as áreas do cerebro que se activaron e que se sabe que están asociadas con estados emocionais positivos e negativos. É a primeira vez que se identifica que os peixes, animais máis simples e máis afastados dos humanos na escala evolutiva, poden desencadear respostas fisiológicas e neuromoleculares no sistema nervioso central en resposta a estímulos emocionais. Ademais, os científicos afirman que a capacidade de avaliar os estímulos emocionais pode ter unha base neurolóxica máis simple da esperada.

Máis respecto para os ollomoles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.