O ‘making of’ de Operación Maragota

Nesta ocasión deixámosvos un vídeo de hai uns anos realizado polo programa Vivir o Mar da Televisión de Galicia. Nel, o  grupo  de Ecoloxía Pesqueira a do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo amosaba o proxecto Artevigo desde dentro. Artevigo, dirixido por Fran Saborido, tiña como un dos seus obxectivos o seguimento mediante telemetría acústica de exemplares de pinto e maragota (Labrus bergylta) na Ría de Vigo. Cremos que a reportaxe é un bo exemplo de como  se cociñan os proxectos de investigación mariña desde dentro, e mostra todo o proceso de pesca, marcado e posterior solta dos exemplares na contorna do Parque Nacional das Illas Atlánticas, neste caso as Cíes.

Dos resultados do proxecto xa falamos no seu día e as súas conclusións están xa publicadas en revistas especializadas. Esperamos poder seguir colaborando en proxectos deste tipo que nos axuden a coñecer o movemento e a ecoloxía espacial das especies da nosa costa. Comprender o comportamento dos recursos mariños é imprescindible posto que este nos fala de como se relacionan as especies entre si e co medio que as rodea. A telemetría acústica, técnica mostrada na gravación (máis información aquí) segue a ser unha das metodoloxías máis utilizadas para tal fin. As causas son principalmente a súa adaptabilidade a todo tipo de especies, áreas de estudo e a súa gran cobertura temporal e espacial.

Artevigo supuxo no seu día un punto de partida para Ecoloxía Azul, posto que uniu aos tres membros do equipo e foi o xerme de moitas das actividades que realizamos a partir de entón.

Vivir o Mar (TVG): Proxecto ARTEVIGO from Ecología Azul on Vimeo.

Grazas ó servicio de documentación da RTVG por facilitarnos o vídeo “Operación Maragota” que se presenta aquí.

Ecoloxía azul

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.