Martes 19 Marzo 2024

Océanos: millóns de virus

O biólogo Antonio Figueras analiza o recente achado de 200.000 novos virus mariños

Os océanos están repletos de virus. Isto é o que se podería pensar dos achados de publicados recentemente por un equipo internacional de investigadores. Identificaron preto de 200.000 novos virus mariños, unha cifra moi superior aos 15.000 coñecidos ata agora, segundo un estudo publicado na revista científica Cell. Non esquezamos que nun litro de auga de mar hai mil millóns de virus.

Estes investigadores describiron exactamente 195.728 virus distintos. Ata agora só se identificaron 15.000 virus mariños diferentes, polo que o catálogo aumentou un 92%, con 180.448 novas poboacións virais.

Publicidade

A explicación de por que atoparon tal variedade, está no método que empregaron e na propia definición de especie que se aplica aos virus. Os virus son “axentes infecciosos microscópicos non celulares que só poden multiplicarse dentro das células doutros organismos”.


“As especies sepáranse pola incapacidade de dous exemplares para xerar unha descendencia fértil. Nos virus, isto non é así. Para clasificalos hai que analizar o seu xenoma. O problema é que os virus se replican e mesturan os seus xenes cando infectan a unha mesma célula. Así evolucionan e multiplican a súa diversidade sen que apenas presenten cambios aparentes.”

Os investigadores tiveron que darlle nome (anotar) milleiros de secuencias xénicas moi curtas e con xenes de función descoñecida. Isto permitiu obter un número tan alto de virus descoñecidos ata agora. Os resultados puxéronse a disposición da comunidade científica a través da base de datos Global Ocean Viromes (GOV 2.0).

Con todo, só puideron aplicar estas técnicas aos virus formados por ADN. Da súa análise excluíron os virus ARN (outra forma de material xenético implicado na síntese de proteínas). Este tipo de virus forma parte do 50% do total das partículas virais da auga do mar, polo que a metade dos virus dos océanos está aínda por investigar.

traballo amosa que os virus mariños distribúense en cinco zonas ben diferenciadas: o océano Ártico, o Antártico, as augas superficiais e tépedas próximas aos trópicos, as capas intermedias a profundidades de entre 150 metros e 1.000 metros e, por último, as zonas máis fondas ata chegar ao fondo mariño. Os datos desta última zona proveñen da expedición española Malaspina, realizada entre 2010 e 2011, que recolleu microbios e virus a ata 4.000 metros de profundidade.

Entre esas cinco áreas hai dúas zonas con unha diversidade viral moito maior que o resto. A primeira é a zona tépeda, a segunda: o océano Ártico. A diversidade de especies da maioría de seres vivos é maior canto máis preto están do ecuador e diminúe cara aos polos. Os resultados mostran que esta teoría é válida para os virus no océano Antártico, onde hai comparativamente menos que nas zonas tépedas, pero unha vez cruzado o ecuador a diversidade segue a aumentar e é case igual nas xélidas augas que rodean o Polo norte. Os autores destacan que precisamente é este o océano que máis rápido está a cambiar polo cambio climático.

Pero tranquilos. Podemos seguir nadando.

Para saber máis:

The virome hunters

Hundreds of thousands of marine viruses discovered in world’s oceans

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas

A galega Elena Ojea gaña o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña

A investigadora recibe este recoñecemento polo seu traballo sobre a adaptación e transformación dos sistemas socioecolóxicos mariños
00:05:48

ViaExterior, á conquista de novos mercados

Desde a súa creación hai sete anos, esta aceleradora da Zona Franca xa acompañou con éxito o proceso de internacionalización dun centenar de empresas