Sábado 20 Abril 2024

Convidados á festa da luz 2015 (preámbulo)

International Year of Light - UnescoA ONU, na súa asemblea anual celebrada o 20 de decembro de 2013, adoptou a resolución de proclamar o 2015 Ano Internacional da LuzUnha resolución coa que este organismo internacional nos convida a reflexionar e a tomar conciencia do papel transcendental que ocupa a luz no mundo e na vida do ser humano, tanto na súa calidade de realidade física coma no seu aspecto cultural e simbólico.
Importantes razóns ten que haber para tamaña decisión e hei de agradecer a GCiencia a oportunidade que me dá para tratar de chamar a atención sobre algunhas delas, relacionadas co mundo físico, e participar así na celebración, gozando das marabillas coas que nos obsequia a nai natureza.
Cando a Biblia –o libro de libros, rico en sabedoría e pródigo en belezas literarias, digno de ser lido por crentes e non crentes–, dun modo imaxinativo, nos relata na Xénese, as orixes do mundo e da humanidade, tratando de transmitir a idea da intervención divina neste enigmático proceso, dinos, antes de relatar a creación de ningún dos seres vivos: “Dixo Deus –haxa luz–, e houbo luz. Viu Deus que a luz estaba ben, e apartou Deus a luz da escuridade”. Xa na cultura daqueles tempos a luz se presentaba como precursora da vida.
É bo, antes de nada, que nos situemos un pouco: somos unha porción ínfima do Universo; formamos parte da galaxia chamada Vía Láctea (hai máis de 100.000 millóns de galaxias no Universo observable) e dentro dela pertencemos ao Sistema Solar, presidido polo Sol, estrela que é a fonte natural de luz por antonomasia (na Vía Láctea hai varios centos de miles de millóns de estrelas).

Luz
Imaxe do Optoelectronics Research Centre, Southampton, Reino Unido

Habitantes do Planeta Terra, non estamos quietos, nin sequera cando durmimos, como tampouco o estamos cando viaxamos sentados nun autobús ou nun avión; realmente somos auténticos “astronautas”, que, máis alá dos nosos desprazamentos domésticos, viaxamos constantemente polo espazo a bordo dunha “nave espacial”, o noso planeta, que describe unha órbita arredor do Sol cada ano e que ademais xira sobre si mesmo, dando unha volta completa cada 24 horas. Quizais sen pensalo e sen poder evitalo, o certo é que vivimos nunha aventura permanente.
En cada momento, unha parte da Terra, a que está orientada ao Sol, recibe directamente a súa luz –é día– mentres que a outra parte, a oposta, non a recibe –é noite. Durante o día, cada punto da parte iluminada da Terra e dos obxectos que nela se encontran recibe a luz do Sol e reemítea ao instante en todas direccións.
Cando miramos a noso arredor, a luz reenviada por estes puntos chega a nosa retina e debuxa nela unha imaxe dos obxectos observados, que o sistema nervioso transmite ao cerebro. É o primeiro “regalo” da luz: o fenómeno da visión.
Cada día, a luz ilumina o mundo para nós, para que poidamos velo. Grazas a ela observamos e gozamos as belezas do mar, da montaña, dos paxaros, das flores, da neve, dos ríos… e sobre todo a presenza dos nosos familiares e amigos.
Cando “observamos” a natureza, agora baixo o prisma do coñecemento, é dicir, cando poñemos os “lentes” do método científico, da Ciencia e a Tecnoloxía, para “mirar” a natureza, entón somos capaces de descubrir e “ver” nela aspectos e comportamentos que van más alá do que a nosa vista percibe directamente. O coñecemento permite descubrir e gozar segredos da natureza, ocultos á visión directa, que nos van dicindo pouco a pouco como é de verdade. Dicimos que o coñecemento “ilumina” os segredos da natureza, para que poidamos “velos” e gozalos.
A luz simboliza coñecemento, sabedoría, verdade, esperanza, salvación…
Así, Victor Hugo afirmaba: “Nos ollos do mozo arde a chama, nos do vello brilla a luz”, é dicir, a sabedoría. E o filósofo francés Claude Adrien Helvetius dicía: “A verdade é un facho que loce entre a néboa, sen disipala”. Pablo Neruda, pola súa banda, escribía: “Só cunha ardente paciencia conquistaremos a espléndida cidade que dará luz, xustiza e dignidade a todos os homes”.
Cantas veces oímos e dicimos “xa se ve a luz ao final do túnel”, como expresión de esperanza….
Que terá a luz para simbolizar tantas cousas boas?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días